lunes, 20 de mayo de 2013

Qen quere tanto talento?

“Da penuria da situación económica española non só falan as dramáticas cifras do paro (6.202.700 desempregados). A taxa de temporalidade e a consecuente precarización no emprego é unha das máis altas de Europa. Un de cada catro contratos é temporal, o que responde á estrutura económica dun país na que predominan o turismo e a construción. O primeiro está lastrado pola estacionalidade. O segundo, por man de obra pouco cualificada. Que está a facer España para saír airosa da crise e corrixir as súas debilidades endémicas?
A resposta púidose atopar esta semana nos espazos dedicados á ciencia dos medios de comunicación. As historias de Ana María Martínez Gil, química; Diego Martínez Santos, físico, e Nuria Martí Gutiérrez, bióloga, son máis que elocuentes. 
Ana María Martínez Gil traballa no Instituto de Química Médica do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) e tivo que suspender a investigación sobre o Alzheimer na que estaba traballando. Acabouse o diñeiro, así que non poderá seguir indagando, de momento, sobre o fármaco que analizaba para combater tan terrible enfermidade.



Diego Martínez leva varios anos traballando fóra de España. Primeiro estivo no CERN (o Laboratorio Europeo de Física de Partículas) e agora no Nikhef, o Instituto de Física de Partículas de Holanda. Pretendía volver a España e inscribiuse na convocatoria das bolsas Ramón e Cajal, pero nin sequera foi preseleccionado. Dáse a circunstancia de que se decatou ao mesmo tempo de que a Sociedade Europea de Física dáballe o premio ao mellor físico novo de Europa, pero no Ministerio de Economía (do que depende a Secretaría de Estado de Investigación) rexeitáronlle por falta de liderado internacional. Martínez mostrou a súa perplexidade, pero tamén a súa comprensión. Os tallos neste sector foron tan drásticos que non hai sitio para tanto talento. As bolsas Ramón e Cajal (contratos, en realidade, de investigadores para cinco anos) iniciáronse en 2001 con convocatorias de 780 prazas anuais. O ano pasado nin sequera houbo convocatoria e para este adxudicáronse só 175 postos.

A historia de Nuria Martí non é moi distinta. Traballaba no Centro de Investigación Príncipe Felipe de Valencia, pero os recortes desembocaron nun ERE no que resultou afectada. Aquí tamén o tallazo foi espectacular. O Goberno valenciano reduciu á metade en 2011 o orzamento deste centro, que pasou de 9,8 millóns de euros anuais a 4,6. O despedimento deixou a 113 traballadores na rúa, moitos deles investigadores con evidente talento e forzou o peche de 14 dos 26 laboratorios existentes. A bióloga pediu traballo na Universidade de Saúde e Ciencia de Oregón e déronllo. Alí traballa agora e alí participou xustamente nun dos máis espectaculares avances da biomedicina dos últimos tempos: a obtención mediante clonación de células nai humanas, un fito histórico da historia da ciencia.
A educación e un alto e sostido investimento en I+D+i (investimento, desenvolvemento e innovación) son claves para a economía dun país, especialmente se este non dispón doutras fontes naturais de riqueza. Pero este Goberno (e con el as grandes empresas públicas e privadas) non parece disposto a modificar esta pobre estrutura, cunha baixa intensidade de investimento tanto público como privada en I+D+i  e unha alta proporción de ingresos provenientes do turismo e o ladrillo. Os recortes en Educación e investigación son os primeiros que acometeu, torpedeando as humildes melloras rexistradas nos anos precedentes.
A única receita do Goberno  para sacar a España do coma económico no que está sumida é a reforma laboral. Despreza outras ferramentas como a reforma da Administración, colonizada polos políticos, ou liñas financeiras que si hai para outros sectores, como o do automóbil, no que España non dispón de patentes e, por tanto, do valor engadido que enriquece a un país. E o caso é que, como di Joan Guinovart, director do Instituto de Biomédica, para incentivar a investigación non fan falla grandes sumas de diñeiro. O que fai falla, creo eu, é unha visión de longo alcance. Pero diso tamén carecemos.”
Este artigo foi publicado no pariódico dixital “El País”, baixo o título ¿Qué necesita tanto talento?.Foi escrito por Gabriela Cañas, e gustaríame invitar a todo o que lea o meu post a reflexionar. Reflexionar sobre a nosa situación, a dos estudantes que vemos cada día noticias como a destes xóvenes científicos, e tamén vemos aumentada a cifra dos novos emigrantes. Reflexionar e ver que, cando un rapaz deixa os seus estudos, ou non os deixa pero non busca dar o mellor de sí, non nos debería extrañar, porque a realidade non é a que nos pintaban hai uns anos, cando nos dicían que con estudar xa o tiñamos todo arranxado. Agora non. Agora, para traballar en España tes que ter “contactos”, ou se non, por moito que traballes no CERN, ou porque esteas buscando a cura ó mal do século XXI, aquí non vas traballar.

Fontes:
 http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/19/actualidad/1368981461_645043.html
Mauro Rivas Ferreiro, 1º C

3 comentarios:

Carmen Cid Manzano dijo...

Inserta algunha imaxe

Carmen Cid Manzano dijo...

Despues de esperar...
Pon a fonte do artigo aludido.

Mauro Rivas Ferreiro dijo...

Síntoo profe, xa hai que estou inactivo en blogger, e non vin os teus comentarios. Nas seguintes entradas tentarei pór todo o que debo.
Mauro Rivas Ferreiro, 1º C