miércoles, 27 de noviembre de 2013

Galiciencia 2013



Os días 20, 21 e 22 de novembro celebrouse no parque tecnóloxico de Ourense a feira científica estudiantil galega á que acudiron máis de 2000 persoas. Este ano estaba adicada ó Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga. Na Galiciencia expúxeronse 50 traballos realizados por rapaces de cursos entre 1º da ESO e 2º de Bachellerelato que viñan de todas partes de Galicia e de Barcelona. Nesta feira tamén participaron varios estudantes do Otero Pedrayo como Alejandro Fernández Dacal que presentaba un traballo acerca do aproveitamento do vento nun coche cunha pila de hidróxeno ou Aarón Abalo e Fran Sobrado que colaboraron na realización da revista da Galiciencia.

Aparte da mostra e exposición de traballos realizáronse varios talleres como o de pompas de xabón ou de a ciencia e os superheroes no recinto para mostrar que a ciencia tamén pode ser divertida e interesante.

Os traballos destes científicos xuvenís foron evaluados por un conxunto de 45 expertos que decidiron quen se debía levar o premio nesta Galiciencial.
Os gañadores absolutos e da categoría de segundo ciclo da ESO de esta feira foron Xosé Lois Chorén e Unai Ansedes do IES Xoán Montes(Lugo). A súa vitoria débese ao seu traballo para avisar ós condutores que accedan en sentido contrario a unha autopista. Eles apostan por repintar as actuais liñas blancas do firme con pintura luminiscente e facelas en relevo para producir sonoridade. Así verase de cor branco no sentido correcto e en vermello si se entrase en dirección contraria xa no mesmo punto de intersección desde a estrada de acceso. 

Tamén gañaron nas súas respectivas categorías dous traballos máis. Un consistía nunha silla con respaldo intelixente que alerta mediante pilotos luminosos dunha postura inadecuada da espalda e o outro era sobre diferentes perfumes ecolóxicos obtidos do bosque.

Cada un dos equipos premiados recibiu un “smartphone” e ademais os gañadores teñen un viaxe financiado á feira Expocerca que se celebra en Cataluña. Pero non solo levaron premio os gañadores senón que todos os participantes e colaboradores levaron un mp4 e un diploma confome participaran na octava edición da Galiciencia.

 

No hay comentarios: