miércoles, 27 de noviembre de 2013

Jack Andraka, o neno prodixio contra o cancro

Con 15 anos, este rapaz de Maryland, viviu o falecemento dun amigo íntimo da familia a causa de cancro de pancreas. Entón deuse conta de que debía facer algo para axudar a estes pacientes e ideou un método de detección precoz do cancro de pancreas.


A súa investigación sobre como detectar precozmente o cancro de páncreas valeulle o premio na ISEF 2012 (Intel International Scienceand Engineering Fair), a maior competición internacional de ciencia a nivel preuniversitario na que participaron 1.500 mozos científicos de 70 países.


«Púxenme a investigar nas mellores fontes de información e sorprendeume o que encontrei: o 85% dos casos de cancros de páncreas son detectados de forma tardía así que só un 2% destes enfermos teñen posibilidades de sobrevivir», afirma. Jack Andraka decidiu investigar pola súa conta co obxectivo de encontrar algo que permitise detectar precozmente este tipo de cancro dunha forma rápida, barata e efectiva.
O primeiro paso na súa investigación consistiu en dar coa proteína que se encontra no sangue de forma abundante neste tipo de cancro en etapas temperás: a mesotelinaAsí mesturou os nanotubos coa mesotelina. «Despois, mollei pequenas tiras de papel con esta mestura e decateime de que ideara unha forma de detectar o cancro», asegura o mozo. Deste xeito, pódense detectar os niveis de mesotelinabiomarcador do cancro de páncreas.


Este detector de papel custa tres centavos, é fiable case ao 100%, é 168 veces máis rápido que o sistema actual e ofrece en só cinco minutos o resultado.

FONTEShttp://www.elmundo.es/ciencia/2013/11/24/529246cf68434110688b4584.html

                   
                                  PAULA QUINTAS BLANCO 1ºBACH A

No hay comentarios: