sábado, 15 de febrero de 2014

Estudando as relacións de Sapiens e Neandertais

Emiliano Bruner (paleoneurólogo) ,do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), está participando nun proxecto internacional de investigación liderado por universidades xaponesas que estuda as limitacións anatómicas e funcionais do cranio dos neandertais, as capacidades cognitivas dos sapiens e neandertais e a relación cerebro e cranio destes homínidos.

Este proxecto ten como obxectivo evaluar  se as diferenzas cognitivas nas capacidades de aprendizaxe entre o Homo sapiens e o Homo neanderthalensis foron unha das causas da competición entre eles. Ata están por determinar mesmo se os límites que houbo nos segundos son a causa da súa extinción cando nun momento da vida da Terra conviviron as dúas especies.

O libro  “Dynamics of Learning in Neanderthals and Modern Humans” presenta no seu segundo volume o artigo de Bruner sobre antropoloxía física e cognitiva : “Functional Craniology, Human Evolution, and Anatomical Constraints in the Neanderthal Braincase”.

Explícanse as evidencias, as probas que representan as limitacións espaciais na estrutura do cranio de neandertal e nas relacións entre tecidos brandos e duros en todos as etapas de crecemento e desenvolvemento.  


1 
Grazas a estes estudos, como outros proxectos que houbo, hai e haberá, poderemos saber con máis precisión e exactitude todas as características e relacións de todas as especies anteriores á nosa, e sobre todo poder saber cales foron as causas das súas extincións, en particular no caso do Homo neanderthalensis. ¿Sería o propio destino ou a mala sorte que provocou a extinción dos neandertais en lugar dos outros, ou foi porque os máis aptos e con maiores capacidades foron os sapiens? ¿Habería algunha loita directa entre eles cando convivían na mesma época fai uns 30000 anos aproximadamente? Hai moitísimas preguntas que non sabemos a súa resposta, algunhas aínda quedan por descubrir e outras xa están descubertas pero as descoñecemos. O mellor sería que tiveramos algo de curiosidade para entender máis a nosa historia evolutiva e saber de onde vimos.


No hay comentarios: