jueves, 20 de marzo de 2014

A pita do inferno

- "É unha desas cousas que xamais desearías encontrar nunha rúa escura".

A escenificación tan gráfica do novo dinosaurio "que acaba de saír do ovo" na revista PLoS ONE fai pensar que, nalgún momento do seu estudo, se lle debeu aparecer nun pesadelo ó investigador principal do equipo que o describiu, Matt Lamanna (Carnegie Museum of Natural History, Pittsburgh). De feito, deulle como nome científico o de unha divinidade demoníaca plumífera, Anzu (o paxaro da tormenta), protagonista do roubo das Tablas do destino na mitoloxía sumeria y acadia. E coloquialmente refírese a el como "chicken from hell".

Anzu, con nome de paxaro ladrón mesopotámico, é un oviraptorosaurio, o grupo de dinosaurios ó que o destino lle xogou una mala pasada. A súa denominación deriva dun dinosaurio asiático terópodo (carnívoro) que se encontrou encima dun niño de ovos e ó que se condenou en 1924, en xuízo sumarísimo e sen posibilidade de defensa, a levar o nome de Oviraptor, é dicir, "ladrón de ovos", tras supoñer que morreu mentras os estaba rapiñando. Cando moitas décadas despois comprobouse que dentro de ovos como os do niño posiblemente saqueado había "oviraptoriños" fosilizados comprenseuse que quen estaba encima, lonxe de pretender devoralos, morreu cando estaba protexendo a súa posta. Esta é a historia do nome aparentemente máis inxusto da historia dos dinosaurios.

Non sabemos se os propietarios dos tres esqueletos que permitiron caracterizar agora ó oviraptorosaurio máis grande ata o momento encontrado en Norteamérica estarían a favor do nome que lle caeu en sorte, pois seguen sen librarse do estigma do roubo. O que sabemos é que, entre os tres exemplares, deuse reconstruído casi por completo a apariencia destes animais que viviron fai 66 millóns de anos no que hoxe son Dakota do Norte e Dakota do Sur. O seu aspecto sería o de unha "superpita" de entre 200 e 300 kg de masa corporal, 1,5 m de altura ó nivel das súas cadeiras e uns 3,5 m de lonxitude, tendo en conta que boa parte da mesma correspondería a unha cola da que carecen as nosas aves de corral. Outra diferenza notable radica na configuración das súas extremidades anteriores, cunhas garras que ben fácilmente poderíannos sacar un ollo naquela rúa imaxinaria.

 

No hay comentarios: