domingo, 30 de marzo de 2014

O SOS das andoriñas

A actividade humana reduce cada vez con máis rapidez o número de andoriñas comúns, que chegan ao noso país en primaveira.
Nos últimos dez anos desapareceron máis de 10 millóns de exemplares de esta especie, e en outros países coma Londres, danse por extintas. A andoriña, elixida como 'ave do ano 2014' migra dende África nun esixente viaxe de 30 días e chega a Europa esperando á súa chegada a calidez primaveral característica da zona, e busca lugares como granxas ou cidades pequenas onde poder criar. Sen embargo, o uso de insecticidas que as deixan sen alimento, o abandono das zonas rurais, e a construcción de novos edificios levan anos afectando gravemente á súa actividade.
"Nos hemos cargado toda la cadena trófica de la fauna. No tienen insectos para alimentarse y esto afecta al sistema dinámico de la fauna" asegura Juan Carlos del Moral, coordinador do estudo sobre o seguimento das aves de SEO/Birdlife, "Sin alimentos, el número de puestas y de crías disminuirá. Si antes una golondrina ponía 3 o 4 pollos, ahora pondrá 1 o 2".
Para poder determinar con exactitude o número de exemplares que se perden cos anos, o equipo de SEO/Birdlife realizou durante máis dunha década un censo da andoriña en toda España, o que lles permitíu detectar o alarmante descenso da poboación e descubrir como esta ave se distrubúe por toda a península, Ceuta, Melilla e Baleares. Ademáis, os ornitólogos desta organización colocáronlles xeolocalizadores a oito andoriñas para coñecer con maior precisón a traxectoria das aves ata chegar a España.

Fontes: http://www.elmundo.es/ciencia/2014/03/28/5334375de2704e810a8b4572.html

Ana Rodríguez Vilas 1ºBach A

No hay comentarios: