domingo, 27 de abril de 2014

VEXETAIS MODIFICADOS PARA PALIAR O CAMBIO CLIMÁTICO E PARA RESISTIR A EL

Unha noticia do 17 de abril de este ano nos informan que unha das posibles solucións contra o quecemento global é seleccionar vexetais coas condicións adecuadas para iso (selección artificial) ou mesmo modificalas (biotecnoloxía). De todas formas é mellor empregar grandes extensións de terra agrícola en uso e recrutar a cultivos alimentarios comúns en lugar de cultivos exóticos ou marxinais porque así a agricultura alimenticia seguiría sendo a base soportando mellor aos efectos nocivos de cambio climático.
  
Investigacións comprobaron que as plantas de soja poderían modificarse e utilizalas como tal fin explicado, xa que aumentaría o seu rendimento agrícola usando menos auga e evitando o uso de gases que provocan o efecto invernadoiro. Escolleron a soja porque ao ser un cultivo alimenticio de alto consumo e ter un alto valor proteico importante para a humanidade pode ser modificado para realizar moitos obxectivos propostos.






O equipo do JPL, Laboratorio de Propulsión a Chorro, dirixido por Darren Drewry de California e Praveen Kumar xunto con Stephen Long da Universidade de Illinois (EE.UU.) son os que investigando nestas propostas empregaron un modelo avanzado de vexetación e técnicas de optimización informática de alto rendemento. Grazas a estas investigacións comprobouse que poderían incrementar un 7 % a súa produtividade prescindindo da auga; ou poderían empregar un 13 % menos de auga; ou incluso reflexar un 34 % máis de luz de volta ao espacio. Todas esas modificacións non afectarían ao rendimento alimentario e provocarían unha maior resistencia ao quecemento global ademáis de palialo.

As razóns destes estudos son porque estase a contemplar a inseguridade global alimentaria a causa do crecemento continuo da poboación e do cambio climático. Segundo as Nacións Unidas para poder satisfacer no ámbito alimentario a toda a humanidade no 2050, debería incrementarse un 70 % a producción alimentaria.


SIRA PRIETO GONZÁLEZ
1ºA





ENLACES

http://noticiasdelaciencia.com/not/10134/cultivos_agricolas_alimentarios_con_capacidad_de_lucha_contra_el_calentamiento_global/

http://www.ipsnoticias.net/2013/09/cambio-climatico-amenaza-productividad-de-la-soja/

(Este enlace fala en concreto da produtividade en Brasil dos campos de soja como tamén de outro cultivos importantes, e sobre as pérdidas agrícolas que terán nun futuro se continuasemos sen facer nada ou sen facer o proposto no artigo anterior)

No hay comentarios: