martes, 20 de mayo de 2014

Arte rupestre de 7.000 anos de antigüidade

Un xacemento con arte rupestre de 7,000 anos de antigüidade, que contén 12 figuras de humanos e animais é atopado no Concello de Vilafranca, Castellón.


Aínda que conocemos algún dato do paradorio onde se atopan non coñeceremos a localización exacta, ata que se determinen as medidas de protección por parte da Generalitat Valenciana.
Este descubrimento foi desenvolvido polo consistorio da localidade, apoiado polo Ministerio de Cultura e dirixido pola doctora Inés Domingo.

As figuras están bastante afectadas polo po e outros elementos que non favoreceron á súa conservación, aínda así os medios informáticos e dixitais permitiron identificar máis aspectos dos que a primeira vista parecen apreciarse.
Os arqueólogos destacaron a variedade das figuras que evocan esceas de caza e momentos previos ao proceso mesmo, representan tamén animais como touros ou cabras.

Facía xa moitos anos que non se realizaba un descubrimento desta envergadura no arte rupestre levantino, coñeceremos nuns meses a importancia deste descubrimento pero polo momento Inés Domingo adianta que estas pinturas teñen uns rasgos únicos neste tipo de arte.


Fontes: http://cultura.elpais.com/cultura/2014/05/19/actualidad/1400518015_159619.html

Pilar Veloso Trigo, 1ºBach. C 

No hay comentarios: