sábado, 10 de mayo de 2014

Detectan o nacemento dun burato negro

Foi provocado por unha explosión estelar nos confíns do Universo e nunca antes se observara. 
Os datos obtidos dunha xigantesca explosion estelar (a de GRB121024A na constelación Eridano) permitiron reconstruír como se forma un burato negro. As explosións estelares (chamadas LGRBs) son o evento do cosmos máis intenso e enerxético dado que un LGRB pode emitir a mesma cantidade de energia que a de centos de estrelas como o Sol nos seus 10000 millóns de anos de vida nun só segundo. os LGRB prodúcense polo estalido de estrelas masivas, astros enormes con masas ata centos de veces maiores que a do Sol e que ademais xiran rapidamente en torno a un eixe de rotación. Como estas estrelas son masivas e xiran, non explotan como unha estrela normal da mesma forma, por exemplo, en que se desincha un balón. A implosion destes enormes astros produce un remuíño ata que forma finalmente un burato negro. Ademais, todas as estrelas posúen campos magnéticos. Máis aínda se estas xiran rapidamente, como é o caso dos LGRB. Así, durante a derruba interna da estrela cara ao burato negro central, os seus campos magnéticos tamén se xuntarían en torno ao eixe de rotación desta. Por primeira vez, os autores detectaron dende Chile: unha luz polarizada circularmente que é a consecuencia directa dun burato negro "recén" creado nos confíns do Universo e que confirma o modelo teórico. 


Detectan el nacimiento de un agujero negro



Fontes de información: http://www.abc.es/ciencia/20140509/abci-detectan-nacimiento-agujero-negro-201405091009.html

No hay comentarios: