lunes, 19 de mayo de 2014

Mercurio, arrincados os secretos do inferno

Un dos planetas menos estudados e enigmáticos do noso Sistema Solar, Mercurio, quedou completamente cartografiado, fotografiado no seu conxunto pola sonda espacial Messenger, que leva no espazo ao redor de 10 anos. Lanzada o 3 de agosto de 2004, para chegar a Mercurio tivo que sobrevoar a Terra o 1 de agosto de 2005. O impulso gravitatorio do noso planeta lanzouna a Venus, sobrevoándoo dous veces, o 24 de outubro de 2006 e o 5 de xuño de 2007. Ademais, antes de estabilizarse na órbita de Mercurio tivo que sobrevoar a este planeta en 2008 e 2009. O 18 de marzo de 2011 consiguiu entrar en órbita estable ao rededor de Mercurio.Unha nave debe ir a 104.607 kilómetros por hora para alcanzar ao planeta, o máis veloz de todos.

Mercurio, arrancados los secretos del infierno

É moito máis difícil e costoso mandar unha nave a Mercurio que ao resto dos planetas do Sistema Solar e un dos grandes problemas cos que se enfrontan os técnicos de este tipo de misións é a proximidade ao Sol de Mercurio. Un planeta como Mercurio, que resulta ser o máis pequeno do Sistema Solar e 2,6 veces menor ca Terra, ten moi pouca forza de gravidade, limitando moito a inserción en órbita dunha nave, ao que hai que sumar o intenso campo gravitatorio do Sol, que se atopa do planeta a solo 58 millóns de km. Un erro na aproximación da nave ao planeta levaríaa directamente ao Sol. Por iso, estas naves deben levar combustible extra para maniobrar. Ademais debe soportar o intenso calor do Sol, o bombardeo das partículas solares e ao estar exposta ás inmensas chamas solares, xa que está en primera liña de fogo, todo un reto.
A sonda Messenger localízase nunha órbita moi baixa sobre a superficie de Mercurio, de tal forma que a súa velocidade orbital é moi alta e as fotografías que toma da súa superficie realízanse a alta velocidade. Do contrario, sairían movidas. Messenger completou máis de 3.000 órbitas. Agora encóntrase a solo 200 km de altura sobre a superficie e completa unha volta cada 8 horas. Sitúase á metade de altura que a Estación Espacial Internacional.
Unha vez que se completase a cartografía de todo o planeta, con centos de miles de imaxes e da que descoñecíamos completamente o 60% da misma ata a chegada da sonda, Messenger dedicarase ao estudio científico da superficie do planeta ata o fin da misión, especialmente sobre a composición, magnetismo e gravidade.
Solo antes a sonda Mariner 10 puido chegar a Mercurio sobrevoándoo en tres ocasións; o 29 de marzo e o 21 de septiembre de 1974 e o 16 de marzo de 1975. Por primeira vez víamos Mercurio de cerca, cartografiando entre o 40 e o 45% da súa superficie e puidemos contemplar un mundo casi exactamente igual a nosa Lúa, completamente acribillado por cráteres. A parte que non foi explorada pola Mariner e sí pola Messenger, mostrounos un pouco máis do mesmo; cráteres formados nos primeiros momentos da creación do Sistema Solar, fai uns 4.000 millóns de anos, cando a choiva de cometas, asteroides e desfeitos era a tónica predominante no noso incipente sistema planetario.
O gran bombardeo que durou millóns de anos, denominado “bombardeo intenso tardío”, tivo consecuencias no noso Sistema Planetario. Algunhas teorías apuntan a que non existían os 8 planetas actuais, se non deceas deles, que foron destruidos por enormes impactos. Un dos planetas que se salvou de tan intenso bombardeo foi a Terra, que chocou cun planeta a metade de grande que ela. Quedou fundida na súa totalidade e tras o impacto, unha parte da Tierra e do planeta que colisionou saltou ao espazo, para logo unirse e formar a Lúa.
O gran bombardeo inicial faise patente non só en Mercurio ou a Lúa, se non en todos os planetas e satélites que non teñen atmósfera ou unha actividade xeolóxica que limpe esas pegadas do pasado. Hai corpos de poucos km de diámetro que están completamente cubertos de cráteres, o que nos da unha idea da intensa choiva de escombros que caiu por todas partes do noso Sistema Solar.


Fontes:  http://www.abc.es/ciencia/20140519/abci-mercurio-secretos-infierno-201405191056.html



Martín González Fernández 1ºbach A


                                                                                                          

No hay comentarios: