domingo, 4 de mayo de 2014

Os neandertais non eran estúpidos

Os neandertais foron os únicos europeos durante centos de miles de anos e desapareceron pouco despois de que os nosos antepasados chegaran ao Vello Continente.

Existe a crenza de que esta extinción neandertal está ligada a unha intelixencia inferior, o cal segundo o recente estudo da Universidade de Colorado en Boulder é falso.

Os investigadores repasaron as comúns explicacións da extinción, tales como que os neandertais non eran capaces de utilizar comunicación simbólica complexa, que eran cazadores pouco eficientes e utilizaban armas inferiores ás dos homes modernos e mais que a sua dieta alimenticia era moi limitada.

O resultado desta resultou ser sorprendente xa que desmentiu tódolos prexuizos. Nos restos dos asentamentos neandertais atopáronse evidencias de que cazaban en grupo o que implica que eran capaces de planificar as súas accións, preparar estratexias de grupo e mesmo aproveitar as vantaxes do entorno.
Noutras mostras arqueolóxicas, como restos de comida atopados xunto ás fogueiras evidénciase que gozaban dunha dieta moi diversa. Tamén se cre que levaban a cabo complexos rituais culturais, xa que atoparon ocre, un tipo de pigmento que serve como pintura corporal, isto indica a existencia da comunicación simbólica.

Xustifican os errados prexuizos que se formaran dicindo que os investigadores non estaban comparando os neandertais cos seus contemporáneos que vivían noutros continentes senón cos seus sucesores.
Pero xa que a súa capacidade cognitiva e mais tecnoloxía non eran inferiores. Por que non sobreviviron?

Barállanse as posibilidades da desaparición, os estudos xenéticos din que se mezclaron cos humanos modernos e isto podería mermar a súa fertilidade. Outras investigacións din que vivían en grupos moi pequenos e que ambos factores puideron contribuir á desaparición da especie.

Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140501/abci-neandertales-eran-estupidos-201404291407.html

Pilar Veloso Trigo 1ºBach C

No hay comentarios: