sábado, 24 de mayo de 2014

Un nano-chip contra o cancro en etapas precoces


O proxecto, denominado Spedoc (Surface Plasmon Early Detectionof Circulating Heat Shock Proteins and Tumor Cells)  levado a cabo por un equipo internacional de investigadores dirixidos polo Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO) de Castelldefels (Barcelona) desenvolveu un nano-chip, equipado con nano-partículas de ouro, capaz de diagnosticar un cancro en etapas precoces, cando a enfermidade soamente afectou a poucas células, o que facilita o diagnóstico e tratamento. 
O seu uso basease en detectar   concentracións moi baixas de marcadores que se atopan en  proteínas de cancro no sangue utilizando os últimos avances en plasmónica, microfluídos, nano-fabricación e química de superficies. 

O dispositivo "lab-on-a-chip " alberga varios sensores distribuídos nunha rede de micro-canles de fluídos.

Cando se inxecta unha gota de sangue no chip, o sangue circula a través dos micro-canles e se os marcadores de cancro están presentes nesta, ao pasar polos micro-canles, estes adhírense ás nanopartículas, provocando cambios no que se coñece como a "resonancia plasmónica".

O dispositivo analiza estes cambios proporcionando unha avaliación directa do risco para o paciente de desenvolver un cancro.


Segundo Romain Quidant cordinador do proxecto, o nano-dispositivo ten un gran potencial como ferramenta para tratamentos de futuros enfermos de cancro, non só pola súa fiabilidade, sensibilidade e baixo custo, senón tamén pola súa doada portabilidade, que permite levalo a lugares remotos con dificultades de acceso en hospitais e clínicas médicas.



http://www.publico.es/521743/crean-un-nano-chip-capaz-de-detectar-el-cancer-en-etapas-precoces

PATRICIA MOREIRAS ARIAS 1º BACH D Nº13

No hay comentarios: