sábado, 24 de mayo de 2014

Descobren que un meteorito impacto en Marte hai dous anos

Orbitador de Recoñecemento de Marte (ORM) da NASA captou o cráter máis recente e grande do planeta vermello.
O cráter mide a metade dun campo de fútbol e apareceu por primeira vez en marzo de 2012. Probablemente se creou pola explosión no ceo marciano dun asteroide, causada pola intensa fricción entre este e a atmosfera do planeta.
O científico Bruce Cantor foi quen se decatou dun punto escuro preto do ecuador de Marte. "Non" era "o que estaba a buscar ", di. "Eu estaba a facer a miña monitorización do clima habitual e algo me chamou a atención"
As imaxes revelaron que a mancha escura estaba presente hai un ano, pero non hai cinco anos. Descubriu que aparecera entre o 27 e o 28 de marzo de 2012.
NASA está desenvolvendo sistemas para desviar un asteroide próximo á Terra -posiblemente do tamaño da rocha que golpeou a Marte-. O proxecto consiste en capturar un anaco do asteroride para reorientar a súa órbita.




Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140523/abci-impacto-meteorito-deja-marte-201405231102.html

Antia Rodríguez 1ºBach A

No hay comentarios: