domingo, 8 de junio de 2014

Renovable e sen cargo ao usuario

Chile quere fundar as súas esperanzas enerxéticas nas fontes renovables, pero por agora, sen cargo no recibo da luz. A presidenta chilena inagurou en Copiapó, o parque solar fotovoltáico "Amanecer Solar CAP", o máis grande de latinoamérica e un dos máis grandes do mundo. Pero a diferencia do modelo español a súa amortización e financiación son privadas. Este proyecto foi financiado polo grupo CAP, o principal extractor de mineral de ferro e o maior productor siderúrxico de Chile. O grupo mineiro precisaba un abastecemento enerxético propio para as operacións na mina de ferro de Cerro Norte.
O parque está situado no deserto de Atacama, o máis árido do mundo, ten 280 hectáreas, con máis de 310.000 paneles solares fotovoltáicos, cunha capacidade de 100 megavatios, o que equivale ao consumo anual de 125.000 fogares en Chile.
Os módulos son de silicio monocristalino, un material que non é tóxico nin contaminante e que é reciclable ao final da súa vida útil. No seu primeiro ano de funcionamento, a planta será capaz de ixectar 270 GW/h de enerxía limpia ao sistema. O presidente executivo do gupo acereiro e mineiro, reconoceu que é unha aposta atrevida, xa que o risco financieiro corre a cargo de CAP. A alternativa era construír unha central de carbón, pero como os permisos medioambientais non o permitirían, construíron esta planta nun tempo récord de seis meses.
LAURA ÁLVAREZ GÓMEZ - 1ºBACH C

No hay comentarios: