domingo, 1 de junio de 2014

Seca a finais de século nun terzo das terras por culpa do quentamento global?

A seca, entendida como unha dispoñibilidade de auga menor que a necesaria, pode ser froito de varios factores, como por exemplo unha diminución das precipitacións  ou o incremento da perda de humidade dunha superficie por evaporación, que conduza a unha menor retención de auga.
A maior demanda local de auga, como por exemplo por un aumento da poboación, ou pola posta en marcha de actividades que esixen máis auga, pode tamén conducir a unha situación de escaseza de auga.
Unhas taxas máis elevadas de evaporación poden xogar un papel moito máis importante do que bastante xente cree, pois as temperaturas máis cálidas son capaces de extraer máis humidade dos chans, mesmo nalgúns lugares onde se prognosticou que como consecuencia do quentamento global aumentarán as chuvias.
Un exemplo da importancia das taxas de evaporación é o reflectido no novo estudo realizado polo equipo de Benjamín Cook, climatólogo do Observatorio Terrestre Lamont-Doherty na cidade estadounidense de Nova York.
Neste estudo, que tivo en conta todas as terras do mundo agás a Antártida, estimouse que o 12% das terras estarán baixo a influencia das secas arredor do ano 2100 se consideramos só os cambios nos patróns de pluviosidade; pero tendo en conta tamén as taxas máis altas de evaporación debidas á enerxía engadida ao sistema e aos cambios na humidade atmosférica, chégase á conclusión de que as secas se estenderán ata o 30%, case a terceira parte da terra dispoñible.

Un aumento nas devanditas taxas carrexará un maior risco de seca mesmo en rexións onde choverá máis que agora e nas que hai inmensas extensións de terra agrícola dedicada ao cultivo de trigo, millo e arroz. Entre estas rexións do mundo figuran o sueste de China e o oeste dos Estados Unidos.


Creedes que todavía podemos evitalo?
Parécenvos datos importantes os derivados deste estudio?


Alba Álvarez Pacios nº1 1ºBach-A

No hay comentarios: