lunes, 25 de agosto de 2014

Desenvolven un prototipo de célula para crear vida artificial

Desde o ano 2000, os intentos por comprender a vida e modificala diríxense hacía unha única direción: a de producir vida artificial no laboratorio e poder controlala á voluntade dos científicos.

Pouco a pouco estase a avanzar neste complicado camiño e segundo un artigo publicado esta semana nas revista "Science" científicos do Instituto Weizmann (Rehovot, Israel), xa conseguiron facer unha reprodución artificial e en miniatura dun grupo de células e imitar o seu funcionamento. Máis concretamente, conseguiron introducir dous xenes, secuencias de ADN, e obter proteínas.



O seu diseño consiste nunha rede de pequenos compartimentos unidos por capilares, que son uns pequenos condutos que permiten o tránsito de nutrientes e outras substancias. En cada compartimento os investigadores añadieron estratos de células naturais que tiñan toda a maquinaria necesaria para producir proteínas. Cando introducían os xenes, toda esa maquinaria lía a información que contiñan e producían as proteínas correspondentes.

De funcionar, poderíase producir calquera proteína neste sistema artificial. Esto podería servir para comprender os procesos biolóxicos básicos e no futuro axudaría a sintetizar proteínas específicas para facer combustibles, medicamentos, produtos químicos ou enzimas de uso industrial.

Polo momento só probaron con dous xenes cada vez, pero pretenden ir máis alá e reproducir redes de xenes que interacionen uns cos outros. De seguir así e como última meta poderían probar con todos os xenes dun organismo. "O obxetivo é diseñar un contido de ADN similar a un xenoma real e colocalos nos compartimentos." Explicou Alexandra Tayar, a estudante que, xunto con Eyal Karzbru, diseñou o sistema.

Sen embargo, a pesar de diseñar un compartimento que da soporte as funcións da célula, os científicos recurriron á maquinaria de células naturais preexistentes e a xenes extraídos destas, polo que aínda non se pode falar nin moito menos de auténticas células artificiais.


Rebeca González Pérez,1º Bach.D

No hay comentarios: