sábado, 23 de agosto de 2014

Vida nas profundidades da Antártida

Encontrase a 800 metros da capa de xeo do lago subglacial Whillians un ecosistema microbiano que según os investigadores poden ter implicacións para a vida noutros ambientes, tanto na Terra como noutros lugares do Sistema Solar. Este proxecto foi bautizado como  WISSARD e fixo historia en xaneiro de 2013, no que utilizaron unha tecnoloxía de perforación para acceder ao Whillians onde puideron recoller mostras de auga e sedimentos de augas cristalinas que foran illadas por miles de anos do contacto directo ca atmosfera. Segundo John Priscu (un dos científicos do proxecto), este lago é "unha das maiores áreas húmidas do mundo que está totalmente dominado por microorganismos".

Anteriormente xa fora cuestionado por mor do potencial de contaminación dos hidrocarburos que se desprenderían durante a perforación. Sen embargo foron autorizados a recoller mostras sen este perigo coa técnica utilizada en WISSARD.
Os investigadores examinaron as mostras de auga e sedimentos deste lago que foron apoyados pola NASA e pola NFS. Os autores deste proyecto publicado na revista Nature durante a análisis detectaron que este ambiente extremo sustenta ecosistemas microbianos vivos e diversos que soportan a escuridade e as temperaturas baixo cero.

Tamén foi descuberto que os organismos extraían enerxía das rochas mediante dióxido de carbono como fonte de carbono. Brent Christner, autor principal da investigación, que confirmou por primeira vez  máis dunha década de especulación sobre a vida neste ambiente, dixo que "hai unha parte inexplorada escondida baixo case un kilómetro de xeo na Antártida. WISSARD conseguiu proporcionar unha visión sobre a natureza da vida microbiana que pode vivir baixo mais de cinco millóns de kilómetros cadrados da capa de xeo ".


Mikucki, outro científico do proxecto dixo: "debido a que a Antártida é un continente microbiano , a exploración por debaixo de súa espesa capa de xeo pode axudar a entender como a vida evolucionou para sobrevivir na fría escuridade. Espero que os  nosos resultados motiven máis investigacións sobre o papel destes microorganismos extremos no funcionamento do noso planeta e outros mundos xeados do noso  sistema solar.




Fonte: 


                                                     Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBach-D

No hay comentarios: