miércoles, 20 de noviembre de 2013
lunes, 18 de noviembre de 2013
ISON, o cometa observable a simple vista.
O cometa ISON foi descuberto o 21 de septembro de 2012
por astrónomos rusos. Tras varias noticias en diferentes xornais, pensábase que
o cometa brillaría máis que a Lúa chea, e foi considerado o cometa da siglo,
mais estas estimacións foron algo optimistas de máis.
Os astrónomos detectaron un estallido de actividade do
cometa que aumentou considerablemente a súa producción de gases, como o seu
brillo, ata o punto de facelo visibel a simple vista.
Según as
estimacións da súa órbita, trátase dun cometa que procede da nube Oor, unha
burbuxa que rodea o Sistema Solar e está formada polos restos da nebulosa que
deu lugar ao Sol e ós planetas fai catro mil seiscentos millóns de anos. ISON ofrece
a oportunidade de estudar a súa historia, e evolución a partir das claves
físicas e químicas que el mesmo aporta.
Este Cometa presenta ademais otro aliciente, rozará o Sol
(2,7 radios solares, que equivalen a 1,8 millóns de kilómetros) o próximo 28 de
novembro, polo que alcanzará temperaturas duns
5000 graos, do que derivará un largo periodo de actividade derivado non
so da sublimación do xeo senon tamén
dos silicatos e metáis, que liberan gran cantidade de polvo e aumentaría o seu
brillo.
Pero tamén pode ser que debido ás mareas da calor do Sol,
o núcleo do ISON termine fragmentándose e vaporizándose, como ocorreu cos
anteriores cometas que case rozan a nosa estrela.
Agora, os investigadores do Instituto de Astrofísica de
Andalucía (IAA-CSIC) traballan en campañas de observacións para estudar o momento de máximo acercamiento ao Sol, e
analizar as súas características e actividades detalladas.
A continuación porei un video que nos facilita o IAA-CSIC
sobre se é ou non o cometa do
siglo:
E para os amantes da astronomía que lle interese esta
noticia a parte de atopar información nos enlace das fontes do IAA-CSIC , de onde
saquei a información. Pode acceder neste enlace, a como hallar o Cometa no
Stellarium. Descargando un programa gratuíto, e seguindo os pasos, poder facer
un seguimento deste interesante cometa.
E se queredes velo, investigade máis aquí, verase no ceo o 28 deste mes:
Fontes:
Patricia Pérez Froufe 1º bach A
A NASA revela as primeiras fotografias da formacion da Via Lactea
O telescopio Hubble permitiu aos investigadores da NASA estudar como a estrutura da Vía Láctea cambiou co tempo. Os astrónomos utilizaron o telescopio espacial para estudar a evolución dunhas 400 galaxias similares á Vía Láctea e deste modo observaron a súa aparición en diversas etapas de desenvolvemento nun período de tempo de 11.000 millóns de anos.
Ao analizar as imaxes obtidas, os científicos chegaron á conclusión de que a nosa galaxia probablemente, comezou como un obxecto de cor azul de baixa masa que contiña unha gran cantidade de gas: o combustible para o nacemento das estrelas. A cor azul, neste caso, é un indicador da rápida formación de estrelas.
Ademais, os investigadores encontraron que a Vía Láctea, posiblemente, era un disco plano cun vulto no centro. Ambos os dous creceron de forma simultánea nunha espiral que se pode comtemplar a día de hoxe. O Sol e a Terra residen no disco e o vulto está cheo de estrelas máis vellas e é o fogar dun burato negro supermasivo que probablemente creceu ao longo da galaxia.
"Por primeira vez temos imaxes directas do que a Vía Láctea parecía no pasado", dixo Pieter G. van Dokkum, científico da Universidade de Yale en Connecticut (EUA). "Por suposto, non podemos ver a Vía Láctea no pasado. Seleccionamos as galaxias a miles de millóns de anos luz de distancia que se converterán en galaxias como a Vía Láctea. Ao rastrexar os seus irmáns, encontrámonos con que a nosa galaxia construíu o 90% das súas estrelas fai entre 11.000 millóns e 7.000 millóns de anos, o cal é algo que non se mediu directamente antes».
Todo foi posible grazas ás incribles capacidades do telescopio Hubble, que permitiron que os expertos puidesen observar en detalle estas galaxias e así comprender como cambiou a estrutura da nosa galaxia no tempo.
Segundo explican dende a Nasa, no momento máis importante da formación de estrelas -cando o Universo tiña ao redor de 4.000 millóns de anos-, as galaxias como a Vía Láctea creaban preto de 15 estrelas por ano. En comparación, a Vía Láctea actual só crea unha estrela ao ano.
Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20131115/abci-hubble-revela-primeras-imagenes-201311151052.html
Antía Rodríguez 1ºBach A

domingo, 17 de noviembre de 2013
A evolución de Marte, vista nun minuto.
Nun vídeo fascinante publicado pola NASA, pódense apreciar as profundas transformacións de Marte durante 4.000 millóns de anos. Nel, móstrase o aspecto pasado do 'planeta vermello' que pouco ten que ver co que nós actualmente coñecemos. Os científicos creen que o planeta vermello poido ter unha densa atmósfera rica en osíxeno e agua. A recreación comenza cun paseo aéreo por un lago que podería estar en Marte fai millóns de anos. A explicación do seu chamativo aspecto colorado encóntrase nas súas rocas, moitas delas ricas en ferro. Cando se encontran ao aire libre, oxídanse e adquiren o seu particular tono. E cando o polvo de óxido desas rocas elévase á atmósfera, unha aura de cor rosa envolve ao planeta.
Aquí encóntrase o vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=dpRzIFlo0vQ
O rover Curiosity, examina ao detalle desde fai mais de un ano unha das rexións mais intrigantes do Planeta Vermello.
O pasado mes de septembro este detectou un alto porcentaxe de auga no solo. Arredor do 2% de a súa superficie está composto de auga, o que supón unha gran fonte.
¿Crees que esta información podería dar a posibilidade de que existira algunha especie similar a nosa en Marte?
FONTES:
http://www.elmundo.es/ciencia/2013/11/14/528513ee684341532f8b459a.html
http://www.abc.es/ciencia/20131116/abci-evolucion-marte-vista-minuto-201311151646.html
Oswaldo Zorrilla 1* BACH A
sábado, 16 de noviembre de 2013
UNHA NOVA OLLADA AO UNIVERSO
Grazas ao Proxecto Alhambra, feito polo Instituto de Astrofísica de Andalucia (IAA), poderemos saber máis sobre a historia do Universo dos últimos 10.000 millóns de anos. A IAA creou o mapa cosmolóxico con visión tridimensional máis realista existente na actualidade cun nivel de representación nunca visto. Isto sorprende porque a referencia que tiñamos do proxecto estadeunidense, Cosmos, nos dá unha imaxe moi profunda pero dunha soa rexión do ceo.
Mapa que observa as 8 rexións do ceo
Para conseguir a devandita representación, a IAA en colaboración con 16 institutos de investigación internacionais máis, estudaron e observado 8 rexións moi separadas entre elas e lonxe do plano galáctico para que a imaxe non se sature.
Imaxen do telescopio co que se levara a cabo a investigacion
O telescopio utilizado para as observacións estaba composto de dúas cámaras, unha óptica e outra de infravermello. Estas observacións foron feitas no Observatorio de Calar de Alto (Almería) baixo unhas esixentes condicións lumínicas. O mapa está integrado por cada 32 horas de exposición que ten cada unha das millóns de galaxias rexistradas.
Os datos obtidos estarán a disposición da comunidade científica e de calquera curioso. Tamén teñen previsto un documental acerca disto que, se as cousas van ben, se emitirá vía televisíón.
Para saberes máis sobre a noticia, visitade: http://www.elmundo.es/ciencia/2013/11/15/5285e78b61fd3df9548b456d.html , http://www.iaa.es/content/diez-mil-millones-de-a%C3%B1os-de-evoluci%C3%B3n-c%C3%B3smica-al-alcance-de-la-mano
Valeria Pereira Cartelle 1ºBach A
jueves, 14 de noviembre de 2013
Descuberta a composición do interior do chorro dun burato negro.
Un equipo de investigadores da Universidade de Barcelona, o Observatorio Europeo Austral (ESO) e a Universidade de Curtin (Australia) determinaron a existencia de partículas subatómicas chamadas bariones nun jet ou chorro de materia, ademáis de calcular a súa velocidade.
![]() |
Representación da formación do chorro dun burato negro. |
Estes chorros ou jets foron estudados durante décadas, pero aínda se descoñece a súa composición. "A pesar de que se observaron durante décadas, aínda non estamos seguros de que están feitos ou o poderosos que son", di a autora María Díaz Trigo.
O equipo analizou as ondas de radio e os raios X emitidos por un burato negro do sistema 4U 1630-47, un sistema binario, é dicir, no cal un burato negro orbita xunto a unha estrela.
Este burato negro é coñecido por ser activo, pero as observacións de raio do equipo non mostraron chorros e o espectro de raios X non revelou nada anormal.Non obstante, unhas semanas máis tarde, este grupo de astrónomos volveu analizalo e, esta vez, viu as emisións de raio correspondentes á aparición destes jets e apareceron liñas no espectro de raios X, o que indicaría a presenza de outras partículas.
Ademais, cren que os chorros son impulsados polo disco de acreción do burato negro -un cinto de gas quente que xira arredor do burato negro- o que explicaría que producise chorros que conteñen partículas de luz.
Os investigadores xa sabían dende hai décadas que os buratos negros conteñen electróns, pero agora encontraron a primeira evidencia de átomos pesados, como o ferro e o níquel. Cando unha partícula masiva se move leva consigo máis enerxía que unha partícula máis lixeira que se move á mesma velocidade. Isto explicaría porque son tan poderosos.
Por último, tamén mediuse a velocidade dos chorros, que sería dous terzos da velocidade da luz, aproximadamente 198000 km/s.
PAULA QUINTAS BLANCO 1ºBACH A
DESCOBREN UNHA NOVA FAMILIA DE PARTÍCULAS DE CATRO QUARKS
Un grupo internacional de científicos descubriu unha nova partícula subatómica que suxire a existencia dunha nova categoría deste tipo de compoñentes da materia.
Tras o experimento nun colisionador de electróns e positróns de Beijing, un equipo de físicos da Universidade de Hawái en Manoa, en EUA e do Colisionador de Electrones-Positrones II (BEPCII), en China, acharon unha partícula con carga eléctrica inusual de catro quarks denominada Zc (4020).
Ata hai pouco críase que os hadrones tiñan só dúas estruturas posibles. Bariones, incluíndo o protón e o neutrón, están feitos de tres quarks. Os mesóns, como o pión e kaón, constan dun quark e un antiquark.
En abril de 2013, o experimento BESIII anunciou o descubrimento dunha misteriosa partícula de catro quark chamado Zc (3900). Os científicos fixeron colisionar no BEPCII electróns e positróns a unha enerxía de 4.260 megaelectronvoltios.
Logo, durante o experimento BESIII (Beijing Spectrometer), foron estudados os produtos da desintegración obtidos no proceso e lograron observar a Zc (3900), á que se uniu agora a Zc (4200).
Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20131112/abci-hallan-nueva-familia-particulas-201311120925.html
Antía Rodríguez Constela 1ºBach A
jueves, 7 de noviembre de 2013
sábado, 26 de octubre de 2013
Atópase a galaxia máis afastada da Terra
Foi descuberta a galaxia
máis afastada detectada ata agora, a z8-GND-5296, a 13.00 millóns
de anos. Steve Finkelstein,da universidade de Texas, explica como él
e o resto do grupo fixeron unha lista das posibles 43 galaxias máis
afastadas e mediante unhas novedosas técnicas de espectometría, (no
telescopio Kech, Hawai) puideron saber a idade da máis distante, mediante o corremento ao vermello de 7.51, o corremento será maior canto máis afastada esté a galaxia. Só outras cinco galaxias teñen un corremento superior ao 5%, o récord ata agora situábase en 7.215. Así
que, si a suposta idade do universo é de 13800 millones de anos,
ésta galaxia emitiuse cando o cosmos era o 5% do acutal. Engadindo a esto que crea unhas 300 estrelas por ano, iso é moitísimo comparándoa coa Vía Láctea que crea 1 ou 2 estrelas como o Sol por ano. Por este motivo isto é un descubrimento
moi importante, xa que como dí Dominick
A. Riechers, da
universidade de Cornell, para entender mellor a historia do universo
é fundamental buscar obxectos moito máis alá da Terra.
Se queres saber máis: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/23/actualidad/1382546816_606424.html
Clara Ocaña Romero 1º BACH D
Día mundial do cancro de mama
19 DE OUTUBRO: DÍA
MUNDIAL DO CANCRO DE MAMA

En
noso país diagnostícanse cada ano 15.000 novos casos en mulleres de entre 45 e
55 anos. É o tumor que representa a maior mortandade en mulleres afectadas de
cancro. Tamén é uns dos tipos de cancro máis frecuentes nas mulleres dos países
desenvolvidos. Ainda que nos últimos anos observouse una lixeira diminución, a
súa incidencia segue a ser elevada debido a certos estilos de vida como o
sedentarismo, a dieta pouco saudable, a obesidade
na menopusia, etc.
Sen
embargo, podemos dicir que a supervivencia das mulleres afectadas mellorou nos
últimos anos, destacando a importancia do diagnóstico precoz e das campañas
sanitarias de control e mamografías entre a poboación en idade de risco.
Para celebrar o dia mundial do
cancro de mama, destacamos una noticia que abre un pouco máis de esperanza a
curación e prevención deste tipo de carcinoma:
Un
grupo de investigadores do “Centro de
investigación do cancro” (CIC), dirixidos por Xosé R. Bustelo, descubriron 6
proteínas que actúan para favorecer o crecemento do tumor primario e a súa metástase
hacia o pulmón. Según este equipo de investigadores, a eliminación destas
proteínas pode supoñer unha potencial terapia fronte a enfermidade e ademais
podería utilizarse como una firma xenética para o seu diagnóstico.
E relevante o papel das
proteínas Vav3 e Vav2, que en modelos animais, comprobouse que non só actúan
coordinadamente no desenvolvemento do tumor senon que son críticas para a
aparición da metástase; hai outras 4 proteínas adicionais que o inhibirse
diminúen o crecemento do tumor primario
e poden eliminar por completa a metástase.
Polo momento, a
experimentación realizouse en animais e a súa aplicación nos seres humanos e
reducida a un prazo curto; está condicionada o desenrolo de fármacos que non
produzan efectos colaterais tóxicos nos pacientes.
Para o grupo de traballo de Bustelo,
estes resultados supusiron una serie de hitos na investigación deste tipo de
cancro.
- - Consideras que a dedicación dun
día internacional o cancro de mama favorece e impulsa a investigación?.
- -As mulleres conciénciase da importancia da
deteción precoz como medida de prevención?.
Fontes: http://www.agenciasinc.es/Noticias/El-riesgo-de-sufrir-otro-tumor-aumenta-un-39-tras-un-cancer-de-mama
http://www.agenciasinc.es/Noticias/Seis-proteinas-favorecen-el-crecimiento-y-la-metastasis-del-cancer-de-mama
http://www.agenciasinc.es/Noticias/Seis-proteinas-favorecen-el-crecimiento-y-la-metastasis-del-cancer-de-mama
Miguel Pimentel Pérez 1ºBach. A
domingo, 20 de octubre de 2013
Un cráneo de 1,8 millones de años reabre o debate sobre as especies de homínidos.
Trátase dun cráneo e unha mandíbula en excelente estado de conservación que foron desenterrados no rico depósito de Dmanisi, en Xeorxia.
O descubrimento deste fósil (chamado D4500 ou cranio 5) reabriu o vello debate sobre a clasificación do xénero Homo, ao cal pertencemos.
Ata agora, os restos de homínidos más antigos fora de África encontráronse en Indonesia (1,7 millóns de anos), mentres que en Europa os primeiros restos de homínidos están no Sima del Elefante en Atapuerca e teñen 1,3 millóns anos.
Os paleontólogos que asinaron este estudo fixeron unha proposta provocadora : que os primeiros fósiles de Homo (aqueles que foron tradicionalmente clasificados como Homo habilis , Homo rudolfensis 'ou' Homo erectus ') pasen a ser considerados membros dunha única especie . A pesar de recoñecer que teñen características físicas distintas, cren que a variación non é tan pronunciada como para considerar que pertencen a distintas historias.
É dicir, propón incluír na definición de " fósiles de Homo erectus atopados en África 2,4 millóns anos, así como en Asia e Europa hace posteriormente desenterrado entre 1,7 e 1,2 millóns de anos.
¿CREDES QUE A OS NOSOS ANTECESORES DEBEN SER CONSIDERADOS DUNHA MESMA ESPECIE?
Todos os detalles desta investigación foron publicados na revista 'Science'.
Fuentes: http://www.elmundo.es/elmundo/2013/10/17/ciencia/1382029806.html
Oswaldo Zorrilla García 1*A
sábado, 19 de octubre de 2013
O GD61 AMÓSANOS PISTAS SOBRE A POSIBLE FORMACIÓN DE EXOPLANETAS HABITABLES
Os restos dun corpo rochoso con auga ó redor dunha enana branca foi atopado fóra do noso Sistema Solar por un equipo de astrofísicos europeos.
Coa axuda dos telescopios espaciais “Hubble” e “Keck” (Hawái), e dos
científicos británicos e alemáns puideron analizar os compoñentes que rodean a
enana branca (remanente estelar localizado a 170 anos luz) que se chama GD61.
Estes compoñentes son rochosos:
ferro, silicio, magnesio e aluminio; máis exceso de osíxeno (esta información
foi publicada en Science). Isto quere dicir que ese material perteneceu a un
corpo máis grande composto por unha porcentaxe de auga parecida a algún
asteroides do cinturón do noso Sistema Solar, en concreto o 26 %.
Esta composición ofrece pistas sobre a formación e evolución de exoplanetas nos que se atopa a vida xa que é a primeira vez que descobren auga en corpos rochosos fóra de Sistema (este elemento xa se atisbara na atmosfera de xigantes planetas gaseosos).
Como conclusións obtiveron que
mesmo podería haber pasado no noso Sistema xa que ese asteroide con auga
sería un bloque de construcción para a formación de exoplanetas habitables.
Eses bloques están ao redor do GD61 e ao redor de estrelas nai por todo o
Universo. Outro resultado é que a auga pode sobrevivir a unhas temperaturas
altas pola evolución de estrelas cara as enanas brancas. Polo que puido haber
existido planetas con vida nun pasado onde se atopaba o GD61.
A cuestión é: haberá zonas fóra do noso sistema onde haxa mellor condicións habitables para a superviviencia de seres vivos, ou quizais...esas condicións as houbo nun pasado onde si puido existir a vida?
FONTES:
Aquí tedes un enlace para ver esta noticia escrita no idioma universal da ciencia, o inglés:
jueves, 17 de octubre de 2013
Terá cura o Alzheimer?
Un grupo de científicos da Unidade de Toxicoloxía do Consello de Investigación Médica da Universidade de Leicester descobre un químico capaz de frear a morte por enfermidades priónicas (aparecen sen causa e hoxe non teñen explicación científica, como o insomnio ou a demencia progresiva) das células.
O estudo, publicado na revista Science revelou que ratos con enfermidades priónicas desenvolveron duros problemas de memoria e de movemento, morrendo nun período de doce semanas, mentres que ratos aos que se lles inxectou este fármaco no estómago activou un mecanismo celular que previña que as neuronas morresen. Cinco semanas despois de comezar co tratamento, gran parte dos ratos non presentaban os síntomas habituais, como a perda de memoria ou a alteración dos reflexos e volvían ao estado previo da enfermidade.
É a primeira vez que frean completamente un tipo de neurodexeneración en seres vivos, e demostra a posibilidade de desenvolver un novo medicamento para protexer ao cerebro da enfermidade neurodexenerativa e parar a morte celular.
Os científicos valoraron o descubrimento como un "punto de inflexión" na loita contra o alzhéimer e consideran que un fármaco podería estar dispoñible en menos de dez anos.

Nova terapia combinada que mellora a supervivencia do peor cancro de páncreas.
Un ensaio clínico internacional
mostra a eficacia dun novo fármaco para os tumores máis avanzados. Trátase do
avance máis esperanzador dos últimos 20 anos.

Este traballo foi
elaborado en colaboración con 161 centros hospitalarios internacionais (oito
españois), nun total de 861 pacientes con estado avanzado 4 de cancro de
páncreas e co apoio da farmacéutica Celgene, que ten rexistrado o fármaco, chamado
comercialmente paclitaxel.
Anualmente diagnostícanse 5.000
casos en España dos que 4.900 terminan en falecemento. O importante é que con este tratamento algúns pacientes
van vivir máis pero aínda non se identificou o por qué. A xuízo dos expertos,
esta investigación é un gran paso cara a adiante que vai a permitir seguir
mellorando o desenvolvemento de tratamentos.
En canto á
aplicación en casos de cancro de páncreas nunha fase menos avanzada da enfermidade
espérase que o tratamento mellorase o estado dos pacientes. Aínda hai que
demostralo e para obter resultados pasarán outros dous ou tres anos.
Este estudo abre
as portas tanto para deseñar estudos noutras fases da enfermidade, como para analizar
biomarcadores que nos axuden a seleccionar mellor ós pacientes, e para avaliar
novas moléculas e combinacións de fármacos.
Fontes:
http://www.abc.es/sociedad/20131017/abci-tratamiento-mejora-supervivencia-cancer-201310161829.html
martes, 15 de octubre de 2013
Premio Nobel de Física para Englert e Higgs
Chega a confirmación dunha noticia esperada. A Academia Sueca de Ciencias concédelle a François Englert e a Peter Higgs o Premio Nobel de física, polas súas investigacións teóricas sobre a orixe da masa, as cales se poderían confirmar finalmente o 2012 no CERN, utilizando o gran acelerador de partículas (LHC) alí situado.
A partícula sobre a que eles teorizaron leva o nome de Bosón de Higgs. Para entender a magnitude deste premio hai que comprender que é e para que serve este bosón. Pódese facer unha comparación moi sinxela: Imaxina un océano, cheo de auga. Cada partícula adquiriría masa polo rozamento ca auga, as mais lixeiras serían coma pequenos peixes deslizandose e as máis pesadas coma baleas tendo que soportar máis resistencia. É dicir, o bosón de higgs é cada molécula (Neste caso cada gota de auga que forma o océano) que forma o campo de Higgs (Que sería o propio océano), que está distribuido ó longo de todo o universo e que explicaría o motivo polo cal a materia posúe masa. A interacción das partículas subatómicas con este campo sería a responsable da masa en calquera corpo (Tamén explica porque o protón ten máis masa ca un electrón, posto que o protón ten máis tamaño e polo tanto ten un maior roce co campo).
A pregunta agora pode ser: E por que reciben agora o premio e non fai 50 anos cando teorizaron sobre el? Cómpre recordar o método científico (Observación, preguntar, facer unha hipótese, experimentar, e contrastar ese experimento con outros). O problema é que cando esta teoría foi proposta no 1964, ninguén observara un bosón de Higgs. Foi no 2012 cando por fin se comprobou experimentalmente no CERN (Por medio de dous proxectos diferentes) a autenticidade do bosón.
Existe, sen embargo, certa controversia polo premio. Ninguén dubida que tanto Englert como Higgs son dignos merecedores do galardón. Sen embargo, tamén tiveron a un terceiro axudante xa difunto, Robert Brout, o cal non recibiu o premio. Tampouco foron galardonados os máis de 7000 científicos do CERN que conseguiron comprobar experimentalmente a súa existencia. Deben entregar a título póstumo o premio Nobel? Ou tal vez deberían cambiar as normas para que se poda premiar a un grupo de científicos e non só a 3 persoas individuais? (Debemos recordar que unha base da ciencia é o traballo en equipo).
Fontes: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/08/actualidad/1381218475_592030.html
http://www.agenciasinc.es/Noticias/Higgs-y-Englert-Nobel-de-Fisica-2013-por-su-descubrimiento-teorico-del-boson
Englert e Higgs nunha conferencia no CERN

David BL. 1º Bach A.
sábado, 5 de octubre de 2013
Encontran auga en Marte grazas ao Curiosity
Na primeira mostra de terra da superficie de Marte que analizou o Curiosity achouse gran cantidade de auga. Cerca dun 2% da superficie está composta por ela. A pesar de que o solo conteña auga aínda non se atoparon restos de vida no noso planeta veciño.
Este achado podería resultarlle moi útil a futuros exploradores humanos xa que con quentar un pouco o solo conseguirían auga.
O robot da Nasa chamado Curiosity, llegou a Marte o 6 de agosto de 2012 con dous obxectivos: analizar a xeoloxía marciana e axudar a entender se albergou vida algunha vez ou incluso se a hai agora.
Para intentar buscar vida os científicos creen que deberían perforar rochas e buscar lugares onde poidan preservarse xa que a superficie exposta á dura radiación e á oxidiación é moi dura para poder darse vida nela.
O científico Leshin comenta acerca de este descubrimento: “Esto é só o comenzo da historia, pero o que aprendimos é substancial”.
Este achado aparecerá publicado con todo detalle en breves na prestixiosa revista Science.

O Curiosity, xunto ás sinais das mostras tomadas da superficie de Marte
Fátima Rodríguez Delgado, 1ºBach D
domingo, 29 de septiembre de 2013
Según o último informe do Panel Intergubernamental para o Cambio Climático, os seres humanos somos os culpables do 95% do cambio climático, un 5% máis ca no último informe no 2007. Por desgraza neste último estudo tamén recolle o empeoramento das consecuencias, aumentando a subida da auga dos océanos de entre 26 ate os 82 cm e non como se creía no 2007 de entre 18-52 cm. Por si isto fose pouco infórmanos de que senón paramos os gases que contribúen ao efecto invernadoiro, a temperatura incrementarase máis de 2 graos no 2100, aínda que respecto a iste dato hay científicos optimistas que creen que só subirá 0,3 graos e tamén os hay pesimistas que agardan unha subida de até 4,8 graos, tomando como referencia as temperaturas entre 1986-2005, a todo isto hay que sumarlle que as olas de calor,sequía,furacáns...aumentarán e as consecuencias serán devastadoras.
Este informe é moito máis específico ca do 2007, en parte porque hoxe temos máis evidencias e máis claras de toda esta catástrofe, palabras ditas por Fidel González Rouco(investigador do Instituto de Geociencias do CSIC, participante xunto con outros tres españois no informe de 1er grupo de traballo). A tecnoloxía tamén xoga un papel moi importante neste novo informe, pois hoxe en día todos estes datos recónllense con superordenadores, estes o que fan é tomar datos mediante millóns de medicións e recollen complexos cálculos que son prácticamente inequívocos. Por suposto canto máis avance a tecnoloxía imos ter datos máis claros e máis contundentes. Hoxe xa sabemos que nos somos os maiores culpables de que todo isto esté a ocorrer, quizáis se se houbesen tomado medidas fai moitos anos agora non teríamos estes datos, pero xa non se pode arranxar o pasado, preocupémonos por mellorar o noso futuro e permitamos que as vindeiras xeracións poidan gozar deste maravilloso espazo chamado terra .
martes, 24 de septiembre de 2013
Unha pila microbiana xera electricidade grazas á axuda das bacterias.
As pilas
microbianas xa levan varios anos existindo. Trátase dun sistema mediante o cal
as bacterias descompoñen residuos orgánicos e xeran electricidade.
Séguese investigando para melloralas; porque abren unha porta máis ás enerxías renovables. De feito saen
moi baratas e non son contaminantes.
Agora, dous españois do Colexio Retamar de
Pozuelo de Alarcón e un da Universidade Autónoma, competirán co seu proxecto da
pila microbiana a nivel mundial no 25º Certamen para Xóvenes Científicos da
Unión Europea no que compiten rapaces de todo o mundo, e disputarase en Praga.
Os xóvenes traballando no
proxecto da pila microbiana.
¿E como funciona? Pois unha das dúas
botellas que se necesitan (ou cámaras) contén barro e residuos orgánicos do que
se alimentan as bacterias mediante procesos de oxidación. Ao consumilos, liberan electróns. Estes pasan a través dun cable á outra botella ou cámara que
contén auga. E é así como se obtén enerxía eléctrica, e degrádanse residuos de
maneira limpa.
O Profesor
que dirixe o proxecto,
Javier Fernández Portal, asegura que ten un custo dun 88% menos que os que se
levaron a cabo ata agora, e un 7% máis
eficaz.
¿É ou non un
avance para a ciencia?
Patricia PF 1º Bach A
miércoles, 11 de septiembre de 2013
2013-2014 Un novo curso vai comezar
O blog de Ciencias para o Mundo Contemporáneo vai seguir unha dinámica parecida á do curso pasado, só introduciremos pequenos cambios na xestión. A nosa pretensión é optimizar o tempo planificado para a actualización do edublog, co fin de axustalo ao voso perfil cun elevado número de materias e actividades diarias.
Todo o alumnado que o desexe poderá publicar artigos relacionados cos temas que esteamos vendo, ou noticias de ciencia e tecnoloxía. Pero ollo, sen utilizar a técnica do "copiar" e "pegar" e citando sempre as fontes de onde se extraeu a información.
Co fin de incentivar os comentarios dos lectores as entradas deberán terminar con preguntas ou coletillas que @s inviten a participar. As entradas e comentarios sempre estarán firmadas co nome, iniciais dos apelidos e o grupo clase (exemplo María OE 1º Bach B). Engadir as entradas as etiquetas procurando respectar as xa existentes.
Na primeira clase comentaremos a periodicidade dos post e outras ideas que teño en mente.
Para darse de alta no blog, tedes que enviar un correo electrónico pedindo o permiso para publicar a blogcmcotero@gmail.com. Recibiredes no voso correo electrónico unha invitación (un enlace) para configurar o voso perfil, cunha contraseña de acceso e, a partir dese momento, xa seredes un membro activo do blog.
Para opinar ou preguntar, sempre con respecto, sobre as noticias e artigos que se vaian publicando, simplemente tes que deixar o comentario no post correspondente.
As colaboracións, como membro activo ou como lector, terán valor académico. No mes de xuño de 2014 todo sumará á hora de levar unha boa nota. Valorarase: a orixinalidade; a ortografía, a redacción e linguaxe utilizado; a capacidade de síntese; adecuación das imaxes e vídeos insertados e a calidade dos enlaces e vínculos.

As fontes de documentación que podedes utilizar serán fundamentalmente as seguintes:
Plataforma SINC del FECYT;
A ciencia cierta
El país ciencia,
El Mundo ciencia,
Público ciencia
ABC ciencia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)