domingo, 21 de noviembre de 2010

A dieta mediterránea: Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade




O pasado martes 16 de novembro, a UNESCO nomeou á dieta mediterránea como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. España e o resto dos países da zona aplaudiron a noticia aínda que esta dieta xa non forma parte da súa alimentación diaria.
En qué consiste a dieta mediterránea?
Caracterízase pola abundancia de alimentos vexetais, como pan, pasta, arroz, verduras, hortalizas, legumes, froitas e froitos secos; o uso de aceite de oliva como fonte principal de graxa; consumo moderado de pescado, marisco, aves de curral, produtos lácteos e ovos; pequenas cantidades de carnes vermellas e consumo diario de viño (durante as comidas).
Estudos e traballos sobre a dieta mediterránea:
No 1958, Ancel Keys, médico de Minessotta (EEUU), mostrouse moi interesado en estudar a relación entre alimentación e mortalidade cardíaca; realizou entón o seu Estudio dos sete países e observou que, en Creta (Grecia), morrían menos persoas por cancro e por enfermidades cardiovasculares que noutras zonas do mundo. E preguntarédesvos: que comían os gregos en 1958? “Aceite de oliva, froitos secos, pescados, froitas, vexetais, legumes e un pouco viño”, aclara Xavier Pi-Sunyer, copresidente do Centro de Investigación de Nutrición e Obesidade de Nova York, e engade: “A dieta é boa, pero moita xente non a segue”.
A partir do estudo de Keys, levouse a cabo unha investigación publicada esta semana na revista Public Health Nutrition co nome A dieta mediterránea en España: tendencias de seguimento durante as últimas dous décadas, na que se cuestiona se os habitantes de España, xunto cos de Grecia, Italia e Marrocos, seguen comendo coma antes. Un grupo de investigadores da Universidade das Palmas dirixidos por Luis Serra fixeron un seguimento da adecuación a esta dieta ó longo de 20 anos (1987-2007) e concluíron que á medida que pasa o tempo a alimentación das persoas alónxase máis dos principios da dieta mediterránea.
No 2009, publicouse na revista mencionada un traballo que comparaba o seguimento da dieta mediterránea en 41 países en dous períodos separados por 40 anos (1961-1965 e 2000-2003) demostrou que todos a seguían menos e que os países mediterráneos europeos eran os que máis se distanciaran do patrón. O país que máis conseguira achegarse á dieta entre estes dous períodos é Irán. Serra explicou que o cambio nutricional é debido, en moitos casos, á industrialización. Ademais, atribúelle ó turismo parte deste cambio, xa que os restaurantes da costa fan comidas máis rápidas para poder alimentar ós viaxeiros, como luras fritas, bistés con patacas ou paella. Aínda que hai alimentos que se adaptan a este modelo de “comida rápida” e non se saen da dieta mediterránea, como as ensaladas, cremas de verduras ou mesmo un bocadillo de tomate.
Actualmente, estase a levar a cabo o maior estudo sobre o efecto da dieta mediterránea, o PREMIED. Con este traballo preténdese demostrar os efectos deste tipo de alimentación en máis de 7000 individuos divididos entre os que seguen unha dieta baixa en graxas e os que seguen os principios da dieta mediterránea. Jordi Salas-Salvadó, da Unidade de Nutrición da Universidade Rovira I Virgili, en Tarragona, participa neste estudo e declarou que cando só levaban tres meses, 700 participantes xa experimentaran un aumento do chamado colesterol bo (HDL) e unha reducción do malo (LDL). En 2008 demostrouse que os que seguían a dieta mediterránea tamén mostraban menos obesidade abdominal.
A revista Diabetes Care afirma que esta clase de alimentación diminúe o risco de diabete.
Os expertos confían en que, despois da designación da UNESCO, recuperarase a dieta mediterránea nos países nos que naceu.


Para máis información:
http://www.publico.es/ciencias/347633/premio-a-una-dieta-en-extincion
http://fdmed.org/dieta-mediterranea/que-es-la-dieta-mediterranea

Editado por Natalia Cid, 1º Bacharelato B

Premios Árbore e Bosque do Ano.

Estes galardóns valoran o patrimonio vexetal. Unha centenaria aciñeira madrileña, un castiñeiro granadino ou unha moreira valenciana son algúns das árbores recoñecidas. Outro galardoado é un bosque galego, o Souto de Santa Eufemia destruído por unha canteira de lousa que se comeu a montaña sobre a que crecía e unha árbore xigante de Lugo.

Estes premios están organizados pola ONG Bosques sen Fronteiras en colaboración coa Fundación Biodiversidade. Bosques sen Fronteiras recibiu este ano 57 candidaturas, Galicia foi a comunidade que presentou máis árbores e arboledas.





PREMIO ÁRBORE XIGANTE ao Avó de Chavín que é propiedade da Xunta de Galicia é presentado pola Asociación Eucaliptos Singulares. Tratase dun Eucalipto do concello de Viveiro, Lugo, de 126 anos e declarado Monumento Nacional de Galicia. É o eucalipto máis alto de Europa e probablemente a árbore máis grande de España cunha altura próxima aos 68 metros. Co premio, a Asociación Eucaliptos Singulares propuxo construir unha pasarela arredor das árbores.

PREMIO BOSQUE AMEAZADO
Souto de Santa Eufemia de Folgoso do Courel (Lugo), presentado pola Asociación Ecolóxico Cultural SOS Courel. Este bosque de 88 hectáreas leva o nome da aldea medieval á que rodea e protexe, Santa Eufemia. Constituído por castiñeiros e por un bosque de ribeira composto por freixos.


Para mais información:

Feito por: Yurema Seara Núñez (1ºB)


Felicidades Dani

Daniel Carvajal Alonso fixo 2º de bacharelato o ano pasado no noso centro, na actualidade cursa 1º de Arquitectura na Coruña. É un alumno inesquecible... recordo o interesado que estaba en comprender o mundo que lle rodeaba. Tiña e ten unha curiosidade intelectual pouco común. Cando cursaba a materia CMC pregunteille se coñecía a Lise Meitner, díxome que non. O seu interese pesonal fíxolle informarse sobre ela e realizar un magnifico traballo. O día 8 de marzo de 2008, día da muller traballadora, presentouno no Paraninfo con unha seguridade que parecía que coñecia a Meitner de toda vida.







Lise parece non querer abandonar a Daniel. Un relato sobre unha pasaxe da súa vida, titulado Mañá de Nadal, gañou o 3º premio do concurso relatos científicos Ciencia que conta 2010. Felicidades Dani!!!! estamos moi contentos dos teus éxitos, os que te queremos sabemos que este só é o comezo.

Editado por Carmen Cid Manzano

viernes, 19 de noviembre de 2010

A científica María Martinón responde a Lucía

Querida Lucía,

¡Que sorpresa tan boa! Moitísimas grazas polas túas agarimosas palabras. Alégrome moito de que, aínda que non estea vivindo en Galicia, non vos esquezades de min. Exerzo de galega alá onde vou, e sempre que podo volto ó meu querido Ourense. O mellor de todo é que é verdade que os galegos estamos en todas partes... ¡somos universais! Estou encantada co voso blog e é toda unha honra aparecer nel. Paréceme unha idea fantástica e creo que a mensaxe que estades a enviar á sociedade é magnífica. A ciencia é noticia e a ciencia é actualidade porque nos proporciona continuamente novos xeitos de resolver os problemas e novos xeitos de entender a realidade. A ciencia é o "deporte" favorito das persoas con curiosidade, das que non se conforman con pasar de longo pola vida, das que queren comprobar por si mesmas como e por que as cousas son como son. A ciencia permite avanzar cara ó futuro, mais, afortunadamente, tamén a ciencia nos permite investigar o pasado. Grazas a ela, podo como antropóloga "resucitar" ós nosos ancestros, podo reconstruir o seu aspecto físico e o seu modo de vida, podo analizar canto cambiamos e en que nos parecemos ou diferenciamos doutras especies humanas que se extinguiron. A ciencia tamén é divertida en nos permite soñar. Podo con ela imaxinar como foi a vida cando eramos a única especie sobre o planeta, nun tempo en que coexistiamos cos neandertais, por exemplo. ¡Que rápido nos acostumamos a ser o único humano no mundo!, ¿non? A ciencia fai que a realidade sexa máis apaixoante que a ficción e é, ademáis, unha esperanza. A esperanza de que, aínda que o home ten feito moitas cousas mal, tamén ten demostrado que é quen de facer moitas cousas boas.

Invítovos a que veñades a ver os xacementos de Atapuerca, en Burgos. Alí fariamos unha viaxe ó pasado, achegariámonos ós nosos ancestros de ata fai un millón de anos e, grazas a eles, comprenderiamos moitas cousas sobre nós mesmos.

Noraboa polo voso traballo. Deséxovos moito éxito no blog, e que sigades aprendendo e ensinando tantas cousas boas. Un saúdo moi agarimoso a tódolos vosos compañeiros e á túa profesora de bioloxía e de ciencias, e unha aperta moi especial para ti.

María




Viría a vida do espazo? A panspermia





Recomédovos ler as seguintes noticias: a que subíu Ana Pérez ao blog "As buckybolas" e a O cometa Hartley 2 subida por Isabel Limia.

Formariase a vida nas fontes hidrotermais?



jueves, 18 de noviembre de 2010

Grafeno, o material do futuro


O grafeno está de moda nos medios de comunicación, dende a última entrega do premio Nobel de Física (Ver post http://acienciatamenecultura.blogspot.com/search/label/Nobel).
Andre Geim e Konstantin Novoselov, os premiados co nobel, descubriron o grafeno cando experimentaban cunha punta de lapis á que lle pasaban cinta adhesiva. Para comprobar a configuración do material que quedaba pegado, tomaron as mostras arrincadas da cinta e analizáronas en microscopios. Así descubriron as sucesivas capas atómicas que conforman o grafito. Chamándolle grafeno á unidade elemental, que conseguiron extraer mediante métodos de laboratorio. Máis tarde confirmaron, con sorpresa, que era un material novo cunhas propiedades incribles.




Entre as propiedades a destacar:
- Alta conductividad térmica e eléctrica (moito máis alta que o silicio).
- Moi duro (só o diamante o pode raiar), elástico e resistente (200 veces superior ao aceiro).
- Moi lixeiro e moi flexible a pesar da súa dureza. Isto débese a que é do grosor dun átomo. Calcúlase que unha capa de grafeno capaz de cubrir un estadio de fútbol, pesaría da orde dun gramo.
- Soporta a radiación ionizante (radiacións tan potentes que ionizan os átomos desprendendo os eléctróns do núcleo).
- Ten un menor efecto Joule (o material quéntase menos ó conducir electróns), de iso derivase o seu interese como procesador en dispositivos informáticos portátiles.
- Economiza máis electricidade en comparación co silicio, o que permite aforro enerxético e maior duración das baterías.
- Segundo se combine con outras substancias, pode crear compostos con novas propiedades.
- Unha propiedade non física pero si económica é a súa facilidade de obtención (científicos estadounidenses conseguiron obtelo a partir de azucre común), o cal permitirá que o grafeno sexa o suficientemente barato para que non sexa exclusivamente propiedade da élite económica.
Todas estas propiedades fan do grafeno o material que poderá substituirá ao silicio nun futuro próximo no campo da informática (os mellores procesadores de silicio alcanzan os 10 Ghz mentres que os de grafeno alcanzarían os 100). Se a esta ductilidad e lixeireza únese a súa elevada conductividad electrónica, o grafeno convértese nun gran candidato para as pantallas dos dispositivos do futuro. Polo momento os procesadores de grafeno están en experimentación. As empresas implicadas na súa produción indican que en dez anos poden ser unha realidade como novedade tecnolóxica.
O grafeno tamén podera usarse en outros moitos campos como por exemplo:
- Chalecos antibalas, que están actualmente feitos de kevlar con metais lixeiros serán substituídos por grafeno, moi duro e moito máis fino e flexible.
-As células fototérmicas serán moito máis eficientes e flexibles, debido a súa alta conductividade térmica
- As probas de ADN serán moito máis precisas gracias ós novos sensores de grafeno combinado con silicio.
Pero o cambio máis notable ocurrirá na informática, onde o grafeno introducírase progresivamente combinándose co silicio. Ademais os científicos xa están buscando a maneira de ''domesticar'' o grafeno co fin de que acabe usándose como soporte para tecnoloxías tan avanzadas como a computación cuántica.




Así pois, esta estructura bidimensional do carbono será o material que permitirá retos como: a conectividade total entre ordenadores, a producción de ordenadores flexibles, placas fototérmicas máis eficientes e a dureza suficiente como para salvar vidas.
Propiedades do grafeno:
Vídeo curioso de aplicacións futuras do grafeno:
Campaña publicitaria da compañía Samsung de móbiles de grafeno:

Juan Ozaita Corral 1º Bacharelato A


Estou quente

Hoxe a organización ecoloxista Greenpeace presentou a súa campaña "Estou quente", co obxectivo de presionar ao Goberno para que apoie un compromiso da UE de redución de emisións de CO2 do 30% para 2020.

A orixe da vida según Oparin.

O bioquímico Alexander Ivánovich Oparin, graduado no ano 1917 na Universidade de Moscú, comenzou a desarrollar a teoría sobre a orixe da vida en 1924.En 1938 realizou a súa primeira publicación con estos impresionantes resultados:





Para máis información: Click Aquí
Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

O CERN logrou atrapar antimateria

Por primeira vez no CERN lógrase crear e atrapar antimateria, concretamente a súa forma máis sinxela: o antihidróxeno. A Organización Europea para a Investigación Nuclear produciu estos átomos nun baleiro e mantívoos viables nunha décima de segundo.


O CERN xa producira átomos de antimateria en grandes cantidades no ano 2002, como xa sabedes, pero non se lograra atrapalos (mediante campos electromagnéticos) por completo. Isto permitirá estudalos por primeira vez.




Tamara Fernández, 1ºC

O CERN atrapa antimateria por primeira vez

Un equipo do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) captura por primeira vez átomos de antihidróxeno, que é a forma máis sinxela de antimateria. Estes conteñen carga inversa á materia normal e cando entran en contacto aniquílanse. Despois do Big Bang, existía cantidades igual de materia e antimateria, pero por causas que se descoñecen a materia impúxose permitíndonos estar hoxe aquí.
O CERN xa producirá antimateria en 2002 pero nunca chegara a creala, e agora os investigadores do experimento ALPHA lograron manter a 38 átomos de antihidóxeno durante unha décima de segundo.
Agora os inventigadores intentarán manter a antimateria por moito máis tempo para permitir o seu estudo e comprobar se se confirma a teoría que rixe a física de partículas.

Experimento ALPHA


Ventana externa


Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A

Hipotéses sobre a orixe da vida

No primeiro video tedes tres hipéteses da formación da vida na auga. O segundo vídeo recolle a Teoría de Oparin o experimento de Miller e a orixe dos primeiros seres vivos.



miércoles, 17 de noviembre de 2010

Volve ser Plutón un planeta?


As observacións de tres equipos diferentes de astrónomos poderían supoñer que Plutón a 9.000 millóns de km de distancia, na última fronteira do Sistema Solar recupere a súa categoría de planeta. Os científicos, aproveitaron o paso do planeta anano Eris por diante dunha pequena estrela para determinar se é finalmente máis pequeno que Plutón. Foi precisamente o descubrimento de Eris o que, en 2005, supuxo que o "noveno planeta" do Sistema Solar deixase de ser considerado como tal.

A ocultación da estrela por Eris sabíase que sería visible dende as montañas do norte de Chile, onde abundan os observatorios. Por iso había moitos científicos pendentes durante a noite do 6 de novembro apuntando os seus telescopios cara á constelación Cetus.
Tratábase de medir a ocultación desa estrela ao pasar Eris por diante dela. A estrela apenas desapareciò na metade do tempo que se tiña previsto, o que é un claro signo de que o obxecto que pasaba por diante (Eris) é máis pequeno do que se pensaba.
Aquí está o vídeo do momento da ocultación:
http://www.youtube.com/watch?v=S0i2PS3L-00&feature=player_embedded
Se Eris era maior que Plutón, non era lóxico que este último seguise considerándose como un planeta. Ademais, naquela afastada zona do noso sistema planetario podería haber decenas doutros obxectos do mesmo tamaño de Eris, ou mesmo maiores.

O achado foi recibido con expectación por científicos de todo o mundo, que están agora á espera de de confirmar os datos.
Non obstante, outras medicións de Eris por parte dos telescopios espaciais Hubble e Spitzer tamén botaron, nos últimos anos, valores que indicaban que ese obxecto é maior que Plutón.

Máis información en:
http://www.abc.es/20101115/ciencia/pluton-despues-todo-planeta-201011150937.html
http://www.fayerwayer.com/2010/11/pluton-recupera-su-sitial-como-el-mayor-de-los-menores/

Feito por : María Isabel Limia Pérez

Recoméndovos un post do blog dousferrados

Historia do cálculo

Pequeno recoñecemento á nosa directora de blog: Isabel Limia

Isabel, a andaina deste blog débeche moito.
A profesora

Cada día sabemos máis e entendemos menos.
Albert Einstein (1879-1955).

martes, 16 de noviembre de 2010

Chandra descubre un novedoso burato negro

A NASA descubriu recentemente un burato negro coñecido como o máis novo atopado ata o día de hoxe, con 30 anos. Se se trata dun descubrimento científicamente correcto e acertado sería o exemplo máis cercano no que se observou un burato negro, xa que é a primeira vez que logran identificar a idade dun con tanta precisión. Podría axudar ós científicos a comprender mellor como explosionan as estrelas masivas e cantos buratos negros hai tanto na nosa galaxia como noutras.




Este importante descubrimento foi levado a cabo grazas a “Chandra”, unha valiosa ferramenta para estudar físicamente e de maneira detallada o Universo. Chandra é o telescopio de raios X máis potente do mundo, o cal dispón dunha resolución oito veces superior á normal e é capaz de detectar fontes vinte veces máis débiles que calquera outro telescopio cas mesmas características.



Lucía Rodríguez 1º B

Teoría fisico-química da orixe da vida





Editado por Carmen Cid Manzano

A Teoría unificada de Hawking

A Teoría M ou teoría unificada é o pilar de "O Gran Deseño", o novo libro de Stephen Hawking, o famoso autor da teoría dos buratos negros. A M da teoría pode ser misterio, maxia ou matriz, segundo os gustos, explicou en 1995 Edward Witten, padre de esta teoría. Outros expertos sinalan que significa "madre", porque é a orixe de todas as teorías. O obxectivo da teoría é encontrar unha lei unificada que abarque todas as leis anteriores; a lei que Einstein morreu sen encontrar. A conclusión máis impresionante desta teoría é que o noso universo non é o único existente, senón que afirma que existen moitos universos creados da nada. Estes moitos universos son só unha pequenísima parte dos universos que se forman segundo esta teoría, o que sucede é que só algúns (cunhas condicións físicas determinadas) prosperan. Para que esta lei se cumpra, cómpre explicar como aparece unha enerxía (a necesaria para o desenvolvemento dun universo) da nada. Segundo Hawking e Mlodinow, os autores de "O Gran Deseño", esta enerxía surxe por xeración espontánea, revivindo unha teoría que durou ata mediados do s. XIX. É a única teoría racional que explica a aparición de enerxía da nada, deixando a parte as crenzas relixiosas, ás que, a día de hoxe, Hawking non lles concede ningunha importancia.
O gran problema desta teoría é que non está formulada, pero se acepta porque é a que mellor explica a nosa existencia. Outro problema importante é a súa comprobación empírica, xa que precisaríamos dunha enerxía 2 mil billones superior á do LHC, a suficiente para comprobar de que están compostos os quarks (teoría dinos que os quarks están feitos de cordas e a súa vibración indícanos o seu estado físico).
A tecnoloxía é moi escasa con respecto a teoría, e isto non cambiará moito se non se produce unha revolución tecnolóxica. E se, por outra parte, acéptase a teoría, estase chegando a un nivel de suposición tan alto, que, aínda que é lóxico, non está aceptado por todos os científicos. En resumen, este libro representa as dúas barreiras físicas máis grandes do momento: o máis grande e o máis pequeno.
Para máis información :

Juan Ozaita Corral, 1º Bacharelato A

domingo, 14 de noviembre de 2010

Unha gran matemática galega

Hoxe a edición galega do xonal El País recolle unha reportaxe sobre María Wonenburger unha matemática que é descoñecida para a maioría. Gloria Arias alumna de 2º de bacharelato o ano pasado realizou unha semblanza da súa vida, déixovos o video para que a partir de agora digades: si, eu coñézoa!!!.




Editado por: Carmen Cid Manzano

Os gatos beben desafiando á gravidade

Investigadores do MIT( Instituto de Tecnología de Massachusett), Virgina Tech e a Universidade de Princeton(Nova Jersey,EEUU) chegaron á enorme conclusión de que as leis da gravidade son desafiadas nada máis e nada menos que polos gatos domésticos e felinos, analizando a súa forma de beber ca lingua.
Desde que o enxeñeiro Doc Edgerton do MIT fotografiou fai 70 anos un gato bebendo leite, sabemos que o fai estendéndoa cara o recipiente e curvando á vez a punta, coma se fose unha culler, e desde que filmaron recentemente este proceso, teñen conciencia de que só o extremo da lingua toca o líquido. Cun áxil e sutil movemento, o animal consegue elevalo en forma de pequena columna que despois atrapa dunha dentada. Cando pecha a boca o líquido rompe dentro, mantendo o queixo e bigotes totalmente secos(a diferenta dos cans, que teñen un mecanismo máis vigoroso para calmar a sede e producen máis salpicaduras).


Preguntádesvos como se pode formar esa columna de fluído? Grazas a un fráxil equilibro entre gravidade(que o delvovería ao recipiente) e inercia(que fai que siga nesa dirección a menos que outra forza interceda). Pero poderiamos decir que o máis sorprendente é que o gato coñece instintivamente cando e cómo ten que mover a lingua para estabilizar ambas forzas e beber. Sabemos que sorben 0,1 ml de líquido en cada “lametazo”.

"Deste estudo dedúcese que os gatos son máis intelixentes do que algunhas persoas supón, polo menos no que respecta á hidrodinámica", asegura Jeff Aristoff, matemático da Universidade de Princeton.

Para máis información, visita:

Editado por Yurema Seara Núñez e Andrea Fernández Novoa 1ºB Bach