viernes, 22 de abril de 2011

DIA MUNDIAL DA TERRA 2011

22 de abril Día da Terra, nesta celebración todos estamos invitados a participar en actividades que promovan a educación ambiental e a recuperación do noso Planeta.

O Secretario Xeral das Nacións Unidas Ban Ki-moon manifestou no discurso do Dia da Terra do ano pasado "dependemos dos recursos da natureza para o noso sustento, benestar e desenvolvemento. Demasiado a miúdo retiramos capital da natureza sen devolvelo. Agora empezamos a ver as consecuencias de non protexer o noso investimento".

Desde Doñana, onde estou de vacacións, invítovos a que fagades algún comentario para concienciar a todos da necesidade de loitar por un medio ambiente natural e social mellor. Como dicía Marcel Proust "Aínda que nada cambie, se eu cambio, todo cambia".

Este vídeo de Carl Sagan fainos pensar o pequenos que somos, unha pinga no cosmos.
Feliz día da Terra, coidémola entre todos, é o noso fogar.

Carmen Cid Manzano

jueves, 21 de abril de 2011

A orixe das especies e da linguaxe, no programa Redes

A polución e pesca descontrolada danan a biodiversidade

Despois de realizarse unha intensa investigación sobre a situación dalgunhas especies mariñas no Mediterraneo, o resultado non foi nada bo para algunha delas, principalmente os peixes pertencentes a categoría de cartilaxinosos, 31 das 76 especies desaparecerán se non se fai nada por evitalo. Entre estas especies están: o tiburón toro, o peixe serra, os anxelotes, a raia maltesa...Pero dentro de todas estas o máis castigado é o tiburón.

Aínda que os máis afectados son os anteriormente citados, tamén sofren o perigo de desaparecer outras moitas, xa que o 40% das especies mariñas do Mediterraneo están ó borde da desaparición, fronte a porcentaxe na que están o resto das especies mariñas no resto do planeta que é un 17%.

Causas polas que os tiburóns son os máis catigados deste mar:

- Tardan moito máis tempo que outras especies en recuperar a súa poboación.

- Son as maiores víctimas da pesca occidental.

- A súa alimentación é cada vez máis escasa e de mala calidade, pola perda de biodiversidade.

- A contaminación failles máis dano que ó resto, xa que acumulan os tóxicos no seu organismo.

- Son altamente sensibles á sobrepesca xa que, teñen unha maduración sexual tardía, un crecemento lento e unha taxa de reproducción baixa.

Como intento de remedio a todo isto, a IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) pide que se cumplan as leis europeas, entre as que están: Dotar con aberturas suficientes as redes para que as crías e os peixes pequenos poidan escapar, prohibición da pesca de arrastre en zonas protexidas donde existan especies fráxiles como o coral, creación de áreas mariñas protexidas fóra de zonas costeiras, descartar o uso de artes de arrastre a menos de tres millas náuticas da costa( 5,5 Km)...

Para máis información: click aquí

Editado por Lidia Blanco 1º A

miércoles, 20 de abril de 2011

Invasións biolóxicas: o caso do visón americano

Os integrantes do grupo dedicado á ecoloxía e evolución da Universidade de Vigo teñen un blog onde ademais de publicar os seus traballos de investigación, realizan o labor de facer que esa información sexa accesible para un sector máis amplo da poboación, e non quede limitada a unha minoría de científicos.
Deíxovos un dos vídeos nos que nos contan como a invasión do visón americano pode afectar ao ecosistema galego.

Invasiones biológicas: el caso del visón americano from divulgare on Vimeo.

martes, 19 de abril de 2011

Os robots de Fukushima

Tepco, a compañía que opera a central nuclear Fukushima, está empregando robots teledirixidos chamados 'Packbot', para medir a radiación, a temperatura e a concentración de osíxeno nos reactores da planta nuclear. A empresa quere asegurarse de que os niveis son seguros para que sigan traballando os seus empregados. A máquina ten a capacidade de maniobrar dentro do edificio, realizar fotografías e medir os niveis de radiactividade.

Pese a que Xapón é líder mundial en robótica, parecía resistirse o uso de máquinas na central nuclear. Neste país hai robots para tocar o violín, correr maratóns ou oficiar bodas, pero non se utilizaron ata hoxe para reparar ou vixiar os reactores nucleares, a pesar de que grandes grupos estatais do sector nuclear francés enviaron ao Xapóns un cargamento con robots e outros materiais para contribuir a solucionar os problemas de Fukushima.

Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/17/internacional/1303075407.html

Noelia Vila Seijas 1ºC

Un telescopio para todos

O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) lanzará o próximo 1 de xullo unha iniciativa para que o telescopio robótico, situado no observatorio do Teide, se converta no primeiro de España de uso gratuíto e a disposición dos cidadáns, que poderán manipulalo a través de Internet.

O TAD é un telescopio controlado remotamente, a través de Internet , usando un simple navegador web e dirixido, especialmente, a estudantes de secundaria, segundo o responsable do TAD e astrofísico do IAC, Miquel Serra. Para poder facer uso deste Telescopio, calquera cidadáns español deberá rexistrarse no portal (www.astroaula.net) e asistir virtualmente a unha das charlas que se impartirán dende esta web ata maio para explicar o seu manexo e características.
A finalidade do proxecto é despertar el interés en los alumnos de secundaria, bachillerato y formación profesional, por las Ciencias Experimentales a través de Recursos Didácticos (Unidades Didácticas, Charlas, Actividades) de Astronomía.
Segundo declaracións de Miquel Serra en Astroaula, parte clave do proxecto son as 'Charlas Virtuais' ofrecidas por Astrónomos experimentados sobre o uso do telescopio e a instrumentación así como un "receitario" para poñer en práctica as Actividades Didácticas.

Os usuarios rexistrados deberán pedir cita para utilizar o telescopio e cada observación poderase alongar ata un máximo de dúas horas podendo repetir experiencia. De momento xa se recibiron máis de 70 peticións segundo fontes de Astroaula.

Déixovos aquí algúns enlaces para os ineresados: paxina web do telescopio (ainda en construccion) http://www.ot-tad.com/; paxina web para crear unha conta é solicitar un permiso de visión http://www.astroaula.net/
Máis info en: http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/15/ciencia/1302868346.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/15/ciencia/1302868346.html

Feito por:Aitor López Domínguez

Os robots de Fukushima

Tepco, a compañía que opera a central nuclear Fukushima, está empregando robots teledirixidos chamados 'Packbot', para medir a radiación, a temperatura e a concentración de osíxeno nos reactores da planta nuclear. A empresa quere asegurarse de que os niveis son seguros para que sigan traballando os seus empregados. A máquina ten a capacidade de maniobrar dentro do edificio, realizar fotografías e medir os niveis de radiactividade.

Pese a que Xapón é líder mundial en robótica, parecía resistirse o uso de máquinas na central nuclear. Neste país hai robots para tocar o violín, correr maratóns ou oficiar bodas, pero non se utilizaron ata hoxe para reparar ou vixiar os reactores nucleares, a pesar de que grandes grupos estatais do sector nuclear francés enviaron ao Xapóns un cargamento con robots e outros materiais para contribuir a solucionar os problemas de Fukushima.

Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/17/internacional/1303075407.html

Noelia Vila Seijas 1ºC

Pegadas de dinosaurios

Os investigadores da Fundación Dinópolis, atoparon fósiles de grandes saurópodos e localizaron de pegadas de dinosauros as cales son dun tipo que non se coñecía ata agora: as 'Deltapodus ibericus' ('pé triangular de Iberia'), localizadas no xacemento del Castellar (Teruel). As novas pegadas, dispostas nun rastro duns 23 metros de longo e compostas de 30 pasos, atribuense a un dinosauro do tipo 'Dacentrurus', un estogosaurio de pescozo e cola longa que viviu a finais do Xurásico, fai uns 150 millóns de anos. Os paleontólogos da Fundación Dinópolis cren que o seu achado podería axudar a reinterpretar icnitas (pegadas). O director científico da fundación e un dos investigadores acudiron a Alemaña para dar a coñecer a riqueza ictiológica de Aragón, onde se descubriron ata 800 pegadas.

Do seu estudo, se puido determinar a gran variedade de dinosauros e estegosarios que habitaban fai 145 millóns de anos na Península Ibérica, polo que promoveu unha candidatura, apoiada por España e Portugal, para que se inclúan na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. As pegadas teñen unha gran importancia científica polos datos que achegan sobre a mobilidade da fauna do Mesozoico e sobre o seu comportamento. O achado de rastros agrupados dos mesmos individuos permitiu pescudar que os estegosaurios eran gregarios; ou que os ornitópodos (dinosauros herbívoros) tiñan marcha bípeda ou cuadrúpeda. Ata se atoparon icnitas dun xigantesco terópodo carnívoro, de 10 metros de lonxitude.

Para máis información: http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/15/ciencia/1302879316.html
Feito por: Yurema Seara Núñez

lunes, 18 de abril de 2011

viernes, 15 de abril de 2011

Enrequecemento do uranio

http://www.elmundo.es/elmundo/2005/graficos/ago/s3/uranio.html

Tardarase en estabilizar os reactores de Fukushima de 2 a 3 meses

Como vimos estes días en Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Fukushima estaba preparado para aguantar o terremoto, pero non así as ondas do tsunami de 10 m de altura. O sistema de refrixeración estragouse por a falta de suministro eléctrico o que orixinou sobrequentamento e a posterior explosión.
Pénsase que o comblustible nuclear fundido estase almacenando nos reactores da central e estabilizalos levará de dous a tres meses según indica a Sociedade de Enerxía Atómica de Xapón. Confirman que o material radioactivo mantense a unha temperatura relativamente baixa polo que por agora non hai risco de sobrequentamento nin que cause danos na plataforma de formigón. Por outra banda, a operadora da central de Fukushima detectou por terceira vez plutonio na planta da central, pero as cantidades encontradas son moi pequenas.
Tamén se cree que houbo un aumento na radioactividade da auga subterránea por debaixo dos reactores aínda que se está intentado que as fugas ao mar non se produzan.

Para máis información: Aquí

Lorena Yáñez López 1º A

Estado do terceiro reactor de Fukushima

Para máis información: Aquí

Lorena Yáñez López 1º A

jueves, 14 de abril de 2011

Cenit do petroleo

A teoría do pico de Hubbert, tamén coñecida como cenit do petróleo, é unha influinte teoría acerca da taxa de esgotamento a longo prazo do petróleo, así como doutros combustibles fósiles. Predice que a produción mundial de petróleo chegará ao seu cenit e despois declinará tan rápido como creceu. Aínda sendo controvertida, esta teoría é amplamente aceptada entre a comunidade científica, xa que é evidente que o petróleo é un recurso finito e non renovable en escalas curtas de tempo polo que nun momento ou outro se chegará ao límite de extracción. No seguinte video fálase sobre este tema.

Editado por: Paz Mª Caballero Barreiro

Exerxia nuclear en España, despois do accidente de Fukushima

Despois de todo o desastre ocorrido en Xapón, en España quérense levar a cabo unha serie de probas cuxa finalidade é aumentar a seguridade. Entre elas estan a valenciana de Cofrentes.
O problema de todo isto é que vai levar moito en facerse xa que é moi complicado, afirma Gámir, vicepresidente do Consello de Seguridade Nuclear (CSN), tamén engade que aínda se descoñecen as probas as que se van someter as centrais.
Por outro lado, o Congreso dos Diputados aprobou unha nova normativa que regula o funcionamento das centrais nucleares en España e o peche da central de Garoña, xa que rematou o seu ciclo de vida útil.
Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/12/ciencia/1302634848.html

Editado por Isabel Pérez Limia 1ºBach A

Lidia Blanco 1º Bac

Cenit do petroleo

A teoría do pico de Hubbert, tamén coñecida como cenit do petróleo, é unha influinte teoría acerca da taxa de esgotamento a longo prazo do petróleo, así como doutros combustibles fósiles. Predice que a produción mundial de petróleo chegará ao seu cenit e despois declinará tan rápido como creceu. Aínda sendo controvertida, esta teoría é amplamente aceptada entre a comunidade científica, xa que é evidente que o petróleo é un recurso finito e non renovable en escalas curtas de tempo polo que nun momento ou outro se chegará ao límite de extracción. No seguinte video fálase sobre este tema.

Editado por: Paz Mª Caballero Barreiro

martes, 12 de abril de 2011

Disminue a capa de ozono no Ártico

A capa de ozono sobre o Ártico sufriu destrución sen precedentes neste inverno .O marzo pasado, o afinamento da capa de ozono que protexe o planeta da radiación ultravioleta, afecta negativamente a vida, e esta pode causar cancro de pel e cataratas. A axencia europea do espazo (ESA) creen que a razón para esta degradación está no feito de que foi un inverno moi frío e persistente que levou á destrución do ozono ata comezos da primavera.
A destrución da capa de ozono esta motivada en gran medida pola presenza de compostos químicos por exemplo os aerosois, e estes a 80 grados baixo cero son especialmente nocivos para o ozono, o seu efecto e ben conocido na Antártida pero tamén se produce no polo norte.

feito por Érika López Carballo 1º A
para mais imformación:
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Destruido/capa/ozono/Artico/elpepusoccie/20110404elpepusoc_9/Tes

Elizabeth Taylor era mutante

Roxanne Palmer, xoven periodista neoiorquina de ciencia, en busca de emprego, publicou o seu primer artículo no blog do diario The Washington Post, co nome de “Elizabeth Taylor era mutante” recibindo casi un millón de entradas.
A orixe da historia remóntase á enésima biografía da actriz que publicou o haxiógrafo J. Randy Taraborrelli. No seu libro, Elizabeth, narra cómo un médico comentáballe aos pais da Taylor que a súa nena tiña "mutación", dobre fila de pestañas nos seus ollos.
Según escribiu Taraborrelli: "No seu primer día de rodaxe, sacárona do plató para quitarlle o maquillaxe dos ollos e trás frotar descubriron que non levaba”.
Coa morte da actriz, Palmer recuperou o libro e preocupouse indagar esta mutación, comprobando a súa existencia, denominada distiquiasis, asociada frecuentemente a unha enfermidade chamada linfedema, que pode provocar inflamación das extremidades e problemas do sistema circulatorio. Esta mutación estaba localizada no cromosoma 16, nun xen chamado FOXC2, e transmítese de forma autosómica dominante; é dicir que herdan nun 50% de probabilidade aqueles fillos cuxos pais esten afectados. O curioso eraque ningún dos proxenitores da actriz mostraba dito alelo, isto quería dicir entón que a mutación brotou no xenoma de Elizabeth. Nestos casos é frecuente sufrir un crecemento anormal das pestañas cara dentro, cousa que non lle ocorreu a atriz, para ela foi unha mellora cosmética que realzaba a maxia da súa mirada.

¿Era a de Taylor unha mutación beneficiosa?

Os defensores do Diseño Intelixente, a nova versión do creacionismo, alegan que tal cousa no pode existir porque o plan orixinal é inmellorable.

Moitos científicos pensan que a maioría das mutacións son neutras, pero en calquera caso o seu efecto dependerá do entorno. As nosas diferencias debense a que somos xenéticamente únicos, e ademais das variantes que herdamos, cada persona nace con entre 100 e 200 novas mutacións, segundo estimaba un estudo británico "Todos somos mutantes", Liz Taylor só tuvo sorte, que lle proporcionou unha mirada irrepetible que a fixo máis apta para sobrevivir no ecosistema do cine.

Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A