jueves, 19 de mayo de 2011

Lógranse transplantes sen rechazo nin inmunosupresores

As defensas do organismo están programadas para rexeitar calquera obxecto estrano (antíxeno) como os órganos doutras persoas. Os medicamentos convencionais reducen case por completo as defensas do organismo e, polo tanto, fai que o receptor do transplante sexa susceptible a infeccións e outras patoloxías. Tamén é frecuente que aos dez anos do transplante o corpo pelexe contra o órgano e haxa que realizar outra operación, sempre co temor da interminable lista de espera.

Tres procedementos probados en ratos publicados en Science Translational Medicine o 19 de maio permiten a supresión dos fármacos inmunodepresores grazas á modificación de células do propio sistema inmunolóxico. As tres estratexias traballan sobre os linfocitos T(Tregs) os reguladores, que inhiben a resposta inmune. Os traballos lograron nun rato seleccionar as Tregs que recoñecen especificamente o tecido implantado e facer que o toleren sen afectar ao resto das defensas. Estas células multiplícanse por mitose e vólvense inxectar no rato, que non requirirá inmunosupresores para evitar o rexeitamento ao implante.

Os autores calculan que, en cinco anos, a terapia se probará en humanos. "O procedemento é caro, pero co tempo servirá para aforrar diñeiro, porque os pacientes non necesitarán inmunosupresores e practicamente se rematará a necesidade de segundos transplantes", comenta Giovanna Lombarda, a autora.

Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B 
Fontes

Gustaríame que alguén de bioloxía explicase ou falase máis sobre os linfocitos T e a súa función, xa que o estudamos hai pouco no tecido sanguíneo.

O porto de vigo, desplega a primeira rede publica de recarga de coches electricos


O Porto de Vigo é desde onte o primeiro de España que permite recárgaa de coches eléctricos, cun servizo en rede despregado polas distintas terminais que ten capacidade para o abastecemento de até 15 vehículos de forma simultánea.

A infraestrutura de abastecemento foi instalada pola empresa adxudicataria, Bluemobility, e consta de nove chafarices de uso público (seis no porto pesqueiro e tres na dársena de Bouzas); e seis puntos de recarga de acceso restrinxido no peirao de Areal, para os usuarios da terminal de mercadorías.

A rede presentada onte pola presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, e polo director de PSA Peugeot Citroën, Pierre Ianni, permitirá cargas dunha duración de entre 3 a 6 horas. O prezo será o custo da electricidade, polo que unha carga completa non chegaría aos 2 euros.

A rede de electrolineras ofrecer o servizo aos usuarios do porto e mellorar o control e a eficiencia enerxética, así como ofrecer vantaxes a futuros tráficos rodados, xa que está pensada para favorecer o movemento de vehículos a través da terminal de Bouzas, e dar apoio loxístico á furgoneta eléctrica que PSA Peugeot Citroën fabricará en Vigo no 2012, segundo a Autoridade Portuaria cuxa presidenta, Corina Porro, anunciou onte a adquisición dunha frota de coches eléctricos, que irá entrando en servizo a medida que se vaian retirando os actuais vehículos de servizo portuario.

O Porto de Vigo investiu na rede case 54.000 euros, dos que a Xunta de Galicia achegou, a través do Inega, 24.000 euros. A aposta do porto de Vigo polo tráfico de vehículos ecoeficientes materializarase tamén a partir do 1 de xaneiro do 2011 coa entrada en vigor dunha rebaixa das tarifas deste tipo de tráficos de até o 70,3% para as 10.000 primeiras unidades enchufables movidas ao ano.

A firma Bluemobility tamén instalou dous puntos de recarga de vehículos eléctricos no aparcadoiro a planta de PSA Peugeot Citroën, e un nodo na entrada principal da factoría. Esta rede de recarga permitirá aos usuarios dos modelos Citroën C-Zero, do Peugeot iOn ou da futura furgoneta eléctrica recárgaa dos seus vehículos sen ningún tipo de complicación dentro das instalacións de PSA.

Bluemobility prevé instalar ao redor de 15.000 puntos de recarga para coches eléctricos en Galicia nos próximos 7 anos, cun investimento de 10 millóns de euros.

Por : antia arias garcia 1ºb

A pegada ecolóxica de Nico

miércoles, 18 de mayo de 2011

Sete centrais nucleares alemanas suspenden en seguridade.

Sete centrais nucleares alemanas non coseguiron pasar as probas de resistencia sometidas pola Comisión de Seguridade Nuclear de Alemania. Concretamente, as centrais que peor puntuación sacaron foron as máis antigas chegando algunhas a sacar un cero. A pesar destes resultados, o ministro de medioambiente alemán, Norbert Röttgen, non quixo adelantar a decisión que se ía a tomar. Finalmente concluiu: "Debemos encontrar unha forma de abandonar a enerxía atómica tan rápido como sexa posible".

Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

Enerxía nuclear, solución ao cambio climático?



Traballo realizado por Miguel Garcia (1º Bach C) e Victor Pérez (1º Bach B)

Obtención de enerxía eléctrica

Aqui vos deixo un video que creo que nos axuda a entender dunha maneira diferente o proceso de obtencion de enerxia eléctrica.



Noelia Vila Seijas 1º Bacharelato C

martes, 17 de mayo de 2011

O terremoto de Lorca causou máis danos dos correspondentes a un da mesma magnitude



Un forte terremoto de magnitude 5’2 na escala Ritcher precedido doutro menor de 4’4 azotou onte ás 18.47 horas ó municipio de Lorca, o terceiro máis importante da rexión de Murcia, con máis de 92.000 habitantes. Tamén chegou a sentirse en Cartaxena, Águilas, e incluso en Almería, Xaén, Málaga, Granada e Sevilla. O barrio de Las Viñas foi a zona máis afectada por esta forte sacudida, que deixou múltiples escenas de caos e desolación. Esta zona xa estaba acostumada a sufrir temblores, pero o do día de onte trátase dun dos máis fortes e duros na Rexión de Murcia, según a Red Sísmica do Instituto Geográfico Nacional.

Condicionantes que influiron nos danos do terremoto de Lorca: a superficialidade, o tipo de chan, e a cercanía do temblor a núcleos de poboación. No caso de Lorca, atópase asentada sobre areniscas do río Guadalentín, e a profundidade do hipocentro foi de 1Kilómetro, razón pola cal a súa repercusión foi maior.




Lucía Rodríguez 1ºB

Para máis información: http://www.rtve.es/noticias/20110512/geologia-del-terremoto-lorca/431976.shtml





Fontes de información







domingo, 15 de mayo de 2011

Un Paseo polos Arrecifes de Coral.

Debido ao meu nome creo que me tocaba a min facer isto.

Na clase de bioloxía estudamos os corais, así que fixen un pequeno vídeo sobre eles.

Espero que vos guste.





Coral Real Llamas.
1º Bacherelato B

A árbore de Newton tambaléase

A anécdota máis famosa da ciencia contemporánea conta que unha boa tarde estaba sentado Newton baixo unha árbore e unha mazá caeu golpeando a súa cabeza. Nos nola comeríamos ou soltaríamos un xuramento, pero el, mente inqueda, preguntouse que tipo de forza hací¬a caer os obxectos?, a Terra atraí¬aos corpos? GRAVIDADE.
A Royal Society de Londres publicou fai un ano na súa páxina web, o manuscrito da biografía de Newton: 'Recordos da vida de Newton' escrita polo científico e amigo William Stukeley. Na biografía, William cuestiona a autenticidade da historia da mazá.
Segundo el, a mazá non chegou a golpear ao físico, ao que chegou a cualificar de 'descoidado', pero si foi a responsable da súa inspiración.

A árbore de máis de 400 anos de vida recibe a visita de máis de 33.000 turistas cada ano. O mito, o manzano, Newton ou todos estes factores combinados xeran o interese de miles de curiosos que, progresivamente causaron a deterioración da árbore.
Os danos causados á árbore froiteira fixo que se instalase un valo cuxo obxectivo é evitar que os curiosos pisoteen ou escalen o manzano. O mal estado da cortiza impedía que os nutrientes e a auga alimentasen as raíces da árbore.
En 1820, unha tormenta estivo a piques de acabar coa árbore. Con todo, o manzano sobreviviu e se reconstruiu a partir das súas raíces. A súa fortaleza xunto coa súa importancia histórica explican que este símbolo sexa Patrimonio Nacional. As árbores requiren coidado, e máis aínda se constitúen parte do legado científico dun país e de toda a ciencia.

Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/05/13/ciencia/1305280184.html
Feito por Yurema Seara Núñez 1ºB

miércoles, 11 de mayo de 2011

Ourense contra o Cambio Climático


Tarea de webquest realizada por Lucía Rodríguez Rodríguez 1º Bacharelato B

martes, 10 de mayo de 2011

Xapón pecha unha planta nuclear con risco sísmico

A central que pechan en Xapón polo maior risco sísmico do país chámase Hamaoka, ubicada a 200 km o suroeste de Tokio. O dirixente manifestou que a suspensión das operacións axudarán a potenciar as medidas de seguridade contra catástrofes.
A seguridade da planta, que necesita barreiras capaces de bloquear un tsunami récord de 15 metros de altura, requerirá pechar Hamaoka o menos por dous anos.

Aunque o número un da empresa eléctrica, Akihisa Mizuno, confesou ca suspensión das operacións acarreará inconvenientes os seus clientes tamén agregou: “Cremos ca potenciación das infraestructuras de seguridade ao largo plazo será a perda fundamental para unha enerxía nuclear segura e confiable”. Naoto Kan advirtiu entonces a alta probabilidade de que na zona central de Xapón, donde está ubicada a planta, verifiquese un sismo de 8 grados de magnitud na escala de Ritcher nos próximos 30 anos.
O empresario Akihisa Mizuno explicou que os únicos reactores actualmente en funcionamento, as unidades 4 y 5, detendránse dentro duns días, e que se abandonará a reactivación da unidad 3, detida desde novembro pasado por mantemento.


Para ver o gráfico con maior resolución: http://www.elpais.com/graficos/internacional/central/nuclear/Hamaoka/elpgraint/20110424elpepuint_1/Ges/

http://www.clarin.com/mundo/Japon-planta-nuclear-riesgo-sismico_0_478152257.html
Noelia Vila Seijas 1-C

Mitiguemos os gases invernadoiro dende a escola


Tarefa de Webquest realizada por Érika López Carballo e Alma San José Cardoso

Renuncio ao soldo de primeiro ministro ata a recuperación económica de Fukushima

Naoto Kan, primeiro ministro xaponés, anunciou que deixará de cobrar o seu salario mensual e os bonus bianuais que recibe por dito cargo a partir do mes de xuño ata que Fukushima non teña controlada a situación económica que sofre tralo terremoto e o tsunami.
Así mesmo, declara que o seu Goberno debatirá sobre a política enerxética do país, que fai un uso moi baixo das enerxías renovables e depende da nuclear, xa que as súas espectativas (antes do accidente) cara o 2030 era que o 50% da enerxía fose nuclear, fronte ó 3'% actual, o cal "ten que ser revisado desde cero".
Neste sentido, sinalou que a enerxía nuclear e a procedente de combustibles fósiles foron claves en Xapón, mais deben comezar a empregar outras renovables como a solar, nas que van moi por detrás en comparación con outros países.
Información completa en http://www.ecoticias.com/sin-seccion/48087/noticias-medio-ambiente

Andrea Fernández 1ºB

Imaxes incribles

O seguinte video é un fragmento da serie Human Planet, unha produción da BBC, composta de 8 capítulos. Nela descríbese á especie humana e a súa relación co mundo natural.


Sophie Monboisse (profesora de Francés)

lunes, 9 de mayo de 2011

O problema do Cambio Climático, tamén é noso


Traballo realizado con metodoloxía webquest por Isabel Limia Pérez e Tatiana Nespereira Campuzano.

domingo, 8 de mayo de 2011

Falando alto!

Un total de 25 organizacións políticas, sociales, sindicales e ecolóxicas manifestáronse en Madrid para pedir o peche escalonado das centrais nucleais en España e esixir o goberno un modelo enerxético limpo. Baixo o lema "¿Nucleares? Non, gracias" centos de persoas recorreron as rúas da capital, convocados por Izquierda Unida, Ecologistas en Acción, Ecolos Verdes o Equo, entre outros.
O director do proxecto Equo, Juan López de Uralde, revindicou o peche das centrais nucleares en España e en todo o mundo, tamén denunciou a política do Goberno Español en materia enerxética. Concretamente Uralde, señala que o actual executivo segue "unha política de alargamiento de vida das centrais nucleares no noso país" e pretende que Garoña continue en funcionamento. Ademáis subriñou que o Partido Popular segue unha "política pro nuclear" onde apoia a enerxía nuclear e a construcción de novas centrais nucleares en España.

"Estamos eiqui para decir que o sentimento da cidananía é antinuclear e queremos un modelo enerxético limpo basado en enerxías renovables, declarou Juan López de Uralde.

Asimismo, o portavoz de asuntos antinucleares de Ecoloxistas en Acción, Paco Castellón, resaltou que o cierre escalonado das centrais nucleares é posible xa que "máis da mitade do parque nuclear está parado".

Os distintos manifestantes subriñaron o anuncio da canciller alemana, Angela Merkel, de reducir as centrais nucleares dunha maneira oportunista.
Liliana Villar Whyte 1º Bach A







Biodiversidade Músical.

Atopei este libro no blog da biblioteca do CEIP Curros Enríquez de Celanova.
Aparentemente non está moi relacionado coa ciencia, pero se vos fixádes podédes atopar unhas letras en inglés que falan da biodiversidade. Espero que vos guste.




Fonte: http://canistrel.blogspot.com/2011/05/musica-pintada.html

Coral Real Llamas.
1º de Bacherelato.

Físicos, logran atrapar antimateria durante un tempo record

O equipo capturou 300 átomos de antihidrógeno durante 1.000 segundos, unha fazaña científica que pode axudar a entender a formación do Universo.

No mes de novembro, a revista Nature publicaba un sorprendente logro científico, na que uns investigadores capturaban e almacenaban antimateria. Algo así non fora posible na vida real, ata que un grupo internacional de físicos, por primeira vez na historia, lograban atrapar brevemente, 38 átomos de antihidrógeno nas instalacións do CERN.
O mesmo equipo deu un paso adiante e confinou 309 átomos, tamén de antihidrógeno, durante 1.000 segundos. Trátase dunha cantidade aínda pequena para pór en marcha un electrodoméstico, pero aumenta as posibilidades de ampliar os nosos coñecementos sobre a orixe e a formación do Universo.


Para máis información:
http://www.abc.es/20110506/ciencia/abci-fisicos-logran-atrapar-antimateria-201105061156.html


Feito por: Yurema Seara Núñez 1ºB

viernes, 6 de mayo de 2011

A radición do mar cerca de Fukushima é mil veces maior

Xa pasaron dous meses dende o grave accidente que tivo a central de Fukushima pero a pesar do tempo aínda seguen saíndo a luz numerosos desastres e consecuencias que tivo; a máis recente afirma que os niveis de radiación dos fondos marinos esta entre 100 e 1000 veces por encima do “normal”.
Estas medicións foron realizadas pola empresa Tepco, estas medicións realizaronse a finais de abril a 3 kilómetros de distancia mar adentro.
Según expertos, os elementos que contaminan o mar son iodo-131, cesio-134 e cesio-137 e creen que estes poden chegar a disolverse nos fondos marinos para así diminuír a súa contaminación aínda que esto ten tamén unha grave consecuencia negativa xa que se estos elementos se mezclan co chan pasarían a formar parte da cadea trófica alimentaria dos seres vivos, é dicir, acabaríanse contaminando todos os animais marinos a causa destas substancias radiactivas.
Por outra banda, os ecologistas de Greenpeace comezaron a analizar as augas do Pacífico pola posibilidade de estar contaminadas, ademais o buque “Rainbow Warrior” analizará as augas alonxadas de Xapón porque esto foi denegado polo goberno xaponés.
Na central de fukushima fallou un sistema de control esencial que se leva a cabo para medir a radioactividade en situacións extremas, este sistema costou máis de 230 millóns de euros.

Ecoloxistas recollendo mostras no mar

Lorena Yáñez 1º A

jueves, 5 de mayo de 2011

As plantas invasoras en Galiza: un perigo silencioso



Traballo realizado con medoloxía webquest por Yurema Seara Núñez e Andrea Fernández Novoa.