domingo, 17 de octubre de 2010

Un gran descubrimento...

Científicos de tres centros de investigación -un francés, outro suízo e outro portugués- descubriron por primeira vez un planeta que, polas súas características de temperatura e composición, pode ser habitable para os nosos parámetros e atópase relativamente próximo á Terra, este planeta recibe o nome de GL581C.
Imaxes do planeta GL581C

O planeta está a 20,5 anos-luz da Terra, e xira ao redor dunha estrela anana vermella, a Gl581, unha das cen máis próximas ao noso sistema solar que está situada na constelación de Libra


Segundo os modelos utilizados polos investigadores do CNRS, a temperatura sitúase entre 0 e 40 graos celsius, compatible coa presenza de auga líquida na súa superficie.

O planeta ten unha masa moi débil que permite imaxinar unha constitución ben rochosa, ben cuberta por un océano, como na Terra, e tarda 13 días en percorrer toda a súa órbita ao redor da estrela Gl581.

A gravidade -ou forza de atracción- na superficie é 2,2 veces a existente no noso planeta, cun radio de acción 1,5 veces superior.

O equipo que o descubriu considera que se trata dun planeta idóneo para ser obxecto de misións dedicadas á investigación da vida extraterrestre, en particular co satélite Darwin, debido ás súas condicións de temperatura e de relativa proximidade ao sistema solar.
O lanzamento do satélite Darwin, da Axencia Espacial Europea, está previsto para 2015.

Eses mesmos investigadores xa localizaran en 2005 outro planeta do sistema desa mesma estrela anana, GL581B, e que percorre a súa órbita en 5,4 días.

Agora tamén descubriron un terceiro planeta dunha masa oito veces superior á da Terra que tarda 84 días en dar unha volta ao redor da Gl581, este planeta foi chamado GL581D

Para facer estes descubrimentos, os astrónomos utilizaron o espectógrafo de nova xeración HARPS instalado no telescopio xigante de "La Silla", en pleno deserto de Atacama, en Chile.


Feito por Brais Gómez García 1º A



No hay comentarios: