domingo, 17 de octubre de 2010

Un paso máis cara a enerxía de fusión

O contrato para a maior pieza do ITER, o reactor de fusión que se constrúe en Cadarache ( Francia). O traballo quedou asignado a unha agrupación de entidades italianas chamada MWR cun orzamento de 300 millóns de euros. A empresa creará 7/9 do total do núcleo do reactor, onde se realizara a fusión do hidróxeno. Ás restantes partes quedaran encargadas á Corea do Sur e a parte interior quedará para hindúes e rusos.O núcleo, á esquerda, estará feito dun aceiro inoxidable especial, mide 13 metros de altura x 6,5
metros de ancho x 6,5 metros de profundidade e pesa 5.000 toneladas. Pero a complexidade do núcleo non reside nos materiais senón na gran cantidade de soldaduras e a precisión destas. A pesar do cal houbo un gran progreso dende a aparición da idea en 1986. Este núcleo é o símbolo de traballo de científicos rusos, europeos americanos e xaponeses. Nel se realizarán as esperadas reaccións de fusión que pretenden facer funcionar unha nova fonte de enerxía limpa, renovable, e dun poder enerxético inmenso. Se espera que cara o ano 2016 se poda producir a primeira reacción e cara o 2022 que opere con total normalidade.
Juan Ozaita Corral, 1º Bacharelato A
Para máis información

No hay comentarios: