miércoles, 22 de diciembre de 2010

2010: Un gran paso para a ciencia.

Como todos sabemos, estamos a consumir os derradeiros días deste 2010. Neste ano 2010 producironse moitos descubrimentos importantes, pero entre eles destacan os seguintes 10, que fixeron deste ano 2010, un gran ano para a ciencia:
1-A primeira maquina cuántica.
Trátase dunha maquina que segue as leis da fisica cuántica que podería ter unha aplicación no futuro como detectora de radiacións ultrasensibles provintes do espazo.
2-O cromosoma artificial.
Como xa vimos na clase, trátase da xeración dun cromosoma artificial a partir dunha bacteria, descubrimento que se levou a cabo gracias a Craig Venter e o seu equipo.
3-O genoma neandertal.
O científico Svante Pääbo descubriu o genoma neandertal a partir da secuencia do ADN de 3 fósiles de 40.000 anos de antiüedade.
4-Profilaxe do sida.
Ensayos clínicos permitiron o descubrimento de 2 novos métodos de prevención do contaxio do VIH.
5-Xenes de enfermedades raras.
O estudo das secuencias do xenoma permitiu identificar as mutacións realizadas por enfermidades pouco comúns.
6-Simulación molecular.
Pensar nunha simulación das curvas dunha proteína ata o ano 2010 era unha autentica locura. Hoxe, gracias a un equipo que utilizou unha das computadoras máis potentes do mundo, isto é posible.
7-Simulador cuantico.
As leis da física cuántica resultan moi complexas ás veces, e para chegar a unha simple conclusion ás veces hay que dar moitas voltas. Un grupo de científicos conseguiron deseñar un programa informático capaz de realizar moitas de estas operacións en segundos e así conseguir un gran avance no tempo da invstigación.
8-Xenómica de nova xeración.
A investigación xenómica estase a desenvolver a pasos axigantados, ata tal punto de permitir estudar a gran escala o ADN.
9-Reprogramación celular.
Desde este ano, por incrible que pareza, é posible reprogramar unha celula modificando o seu desarrollo para facer que se comporten coma celulas madre.
10-Regreso das ratas aos laboratorios.
Dende sempre as ratas foron un papel moi importante para a investigación nos laboratorios. Ainda asi, existian certos problemas que complicaban os experimentos realizados con elas. Hoxe en dia estes problemas solucionaronse e as ratas volven a formar parte dos grandes descubrimentos da ciencia.



Mario Blanco Cid 1ºA Bach

No hay comentarios: