Este caso de descriminación por razón xénero non é o unico. Así, Hertha Ayrton (1854-1923), estudou matemáticas e obtivo un certificado de asistencia porque os títulos e gradacións eran só para os homes. Co certificado, sen valoración polos seus estudos, Hertha foise a Londres e casou cun dos seus profesores de Física e con el avanzou nos seus experimentos sobre sistemas eléctricos. En 1904, foi a primeira muller que presentou o seu traballo nunha sesión da Royal Society de Londres, neste caso os homes non protestaron, pero non a miraron con boa cara.
A Herta permitíronlle ir á universidade, de oínte, pero á escocesa Mary Somerville (1780-1872) nin sequera desta forma. Tamén lle negaron a entrada ao observatorio do Vaticano por ser muller. Dedicábase á astronomía e as matemáticas, e traduciu ao inglés un estudo pioneiro do astrónomo francés Pierre-Simon Laplace sobre a estrutura matemática do sistema solar.
A que nunca foi admitida en ningunha institución foi a paleontóloga Mary Anning (1799-1847); autodidacta e de familia humilde, era coñecida como coleccionista de fósiles atopados nos cantis de Dorset, sur de Inglaterra. Custoulle moito que os seus colegas recoñecésenlle os seus descubrimentos no campo dos dinosauros; identificou o primeiro esqueleto de ichtiosauro e de plesiosauro e o primeiro de pterosaurio fóra de Alemaña. Foi coñecida no Círculo de Xeoloxía de Europa e América, a pesar de ser rexeitada pola Geological Society de Londres. Este ano, a Royal Society incluír entre as dez mulleres máis importantes que influíron na historia da ciencia. A Herta permitíronlle ir á universidade, de oínte, pero á escocesa Mary Somerville (1780-1872) nin sequera desta forma. Tamén lle negaron a entrada ao observatorio do Vaticano por ser muller. Dedicábase á astronomía e as matemáticas, e traduciu ao inglés un estudo pioneiro do astrónomo francés Pierre-Simon Laplace sobre a estrutura matemática do sistema solar.
A Ciencia non era indiferente para as mulleres victorianas, nas épocas des Darwin xurdiron un tropel a favor do evolucionismo e outro grupo en contra, pero o acceso ao mundo académico, a vía máis frecuente para o coñecemento científico, estivo restrinxido ás mulleres ata ben avanzado o século XX.
Na actulidade no reino Unido, aínda só o 12.3%, dos traballos en ciencias, enxeñería e tecnoloxía, ocúpanos mulleres e estas abandonan o dobre a Ciencia que os homes (AÍNDA QUEDA MOITO QUE CAMBIAR)
Ariana Pascual Sas 1ºC
No hay comentarios:
Publicar un comentario