Ciruxanos do hospital Clínico de Barcelona extirparon por primeira vez en Europa un tumor gástrico de 8 centímetros de diámetro a través da vaxina, a unha muller que tres días despois foi dada de alta, e ós dez días volveu ó traballo.
Antonio María de Lacy, xefe da ciruxía gastrointestinal do Clínico, explicou que a ciruxía fixose según a técnica Notes, que permite operar a partir dos orificios naturais do corpo humano. Según Lacy, todo o instrumental quirúrxico para a operación introduciuse a través da vaxina para evitar incisións abdominais dolorosas, feito que permite obter mellores resultados e ademais reduce a dor, baixa a estancia hospitalaria e favorece una recuperación máis rápida.
A paciente, unha muller de 43 anos, diagnosticada dun tumor gastrointestinal, foi operada noutro centro mediante a ciruxía convencional, que lle deixara unha gran cicatriz no abdomen, delante dela dous pequenas incisións de dous milímetros que tiña no abdomen desta última intervención, según explicou ela mesma. Lacy recordou que ademáis do instrumental quirúrxico introducido pola vaxina, introdúxose una óptica polo ombligo para visualizar mellor a zona a operar, e dous instrumentos máis a través do abdomen cunha mínima incisión de dous milímetros, para garantizar que todo fora perfecto, xa que era a primeira vez que se extirpaba un tumor dese tipo pola vaxina. Para Lacy, con esta intervención a ciruxía adiantou un paso máis e hoxe pódese operar con éxito un tumor gástrico sen deixar cicatrices.
Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A
No hay comentarios:
Publicar un comentario