domingo, 26 de diciembre de 2010

Descubrénse os irmaos dos neandertais

En Asia fai máis de 40.000 anos os humanos modernos procrearon con outra liñaxe de homínidos. Proba diso é que algúns habitantes de Melanesia -pero non os euroasiáticos- levan aínda un 6% de ADN daquel grupo, cuxos restos foron rescatados da cova de Denisova, en Siberia (Rusia).

Un estudo publicado en
Nature no que que participaron investigadores de seis países, incluída España, desvela o xenoma daqueles seres, chamados denisovanos. O seu ADN extraeuse da diminuta falanxe dunha nena duns seis anos á que os seus descubridores chamaron Muller X e dun novo dente de adulto desenterrado en Denisova. Eran unha liñaxe "irmán" dos neandertais. Puideron ocupar grandes extensións de Asia, onde se terían hibridado cos sapiens, son máis parecidos aos neandertales que a nós, o que significa que descenden da mesma poboación ancestral, que se dividiu nestas dúas ramas fai uns 600.000 anos. Antes diso, fai uns 800.000 anos, a súa rama común separouse da que dió orixe á nosa especie.Neandertales, denisovanos e sapiens diferéncianse en menos dun 1% do seu xenoma. Isto supón un golpe de graza ao Homo sapiens como especie pura e obriga a repensar o esquema de evolución humana. Segundo a teoría dominante, o Homo sapiens saíu de África hai 70.000 anos para conquistar o mundo e substituír ao resto de especies humanas ao seu paso. Esta teoría dilúese agora noutra na que os sapiens preferiron facer o amor antes que a guerra a algúns dos neandertales e denisovanos que ían encontrando. Os científicos están convencidos de que van aparecer máis liñaxes novas.


Feito por María Isabel Limia Pérez, 1ºBacharelato B.


Se a maioría dos humanos levan rastros doutros homínidos, pódense seguir crendo a especie triunfadora que substituíu completamente ao resto? Bo pequenos o debate e a controversia está asegurada, espérannos un Nadal quente, vós que pensades? Podemos seguir considerando os Homos sapiens como unha especie? Recórdovos que algunhas definicións de especie, dicían que entre as súas características se encontraba estar illado reproductivamente dos demais grupos.

No hay comentarios: