martes, 25 de enero de 2011

Encontro con profesor Humberto Michinel

O 10 de novembro en un post titulado en Ourense tamén se fai Ciencia comentamos as investigacións realizadas por un equipo de físicos liderados polo doutor Humberto Michinel. Como non entendiamos a temática do traballo, púxenme en contacto con el por mail e pedinlle que nos explicase algunhas cuestións un pouco máis. Dadas as dificultades da constestación por correo electrónico, ofreceume que o visitara para poder explicar a miñas dúbidas en persoa. O pasado dezaseis de novembro, o meu compañeiro, Daniel, e máis eu tivemos a sorte de ter un encontro co profesor Humberto Michinel. Foi unha reunión moi gratificante, contounos as bases do seu traballo, entre outras moitas cousas e tamén ensinounos as instalacións onde traballan. Indicounos que foi admitido no Instituto Max Planck en Alemaña, onde vai seguir investigando os láseres durante un ano, a partir do vindeiro mes de febreiro.
Aquí déixovos un vídeo cas súas explicacións que nos permitiu gravar tamén os deixo a noticia onde aparece máis detalles do seu novo traballo.






Andrea Gerpe Acosta 1º A

No hay comentarios: