domingo, 23 de enero de 2011

A fealdade do Homo Neardenthal, non está relacionada co frío





Cientificos rexeitan a hipótese imposta durante anos de que os rasgos de este grupo de humanos, incluida a súa gran nariz, foran unha adaptacion ás baixas temperaturas.

O rostro destes hominidos caracterizábase por ser moi grande e pouco agraciado cuns pomulos saíntes e nariz longa e anchisima.


Durante moitas décadas, os científicos atribuiron esta caracteristicas físicas a unha adaptación evolutiva ó intenso frío dos períodos glaciares, pois os senos nasais grandes son necesarios para quentar o aire que se inhala.

Agora,un grupo de científicos británicos aseguran que atribuir este aspecto, tan diferente do común do home moderno, a unha adaptación ao frío non ten ningún sentido. Traballaron con datos fornecidos por raios X e de tomografía computarizada de cranios de nove neandertais de máis de 28.000 anos de antigüidade e de Homo sapiens de 300 a 1.500 anos. Os científicos utilizaron cranios medievais do Homo sapiens porque querían ter datos anteriores á aparición do aire acondicionado e a calefacción central, que podería alterar os resultados. As conclusións das Investigacións sinalan que os neandertais tiñan seos nasais máis grandes que o home moderno, pero a proporción entre o tamaño do seo e o da cara era a mesma en ambas as especies, isto axudoulles a chegar á conclusión de que os seus rasgos non tiñan nada que ver coa adaptación ao frío.




Os resultados obtidos abren novas incognitas sobre a vida do Homo Neardenthal, o entorno no que vivían e o seu desenvolvemento. É posible que non evolucionaran para sobrevivir na durísima tundra de Europa, senón que quizais estaban acostumados aos climas máis cálidos onde a posibilidade de obter alimento era máis elevada.

Unha investigación publicada recentemente desvelaba que o Homo Neardenthal, ao que se lle atribuira ser consumidor de carne, cocinaba e consumía unha gran variedade de vexetais. Entre os seus dentes atoparonse restos de grans de amidón, raíces e tubérculos.





Para máis imformación:



Tatiana Nespereira Campuzano 1ºBac B

No hay comentarios: