domingo, 23 de enero de 2011

As tormentas eléctricas fabrican antimateria




Facendo uso do Telescopio Espacial Fermi de Raios Gamma, da NASA, os científicos detectaron feixes de antimateria producidos por encima das tormentas eléctricas na Terra, un fenómeno nunca antes observado.

Os científicos cren que as partículas de antimateria foron creadas dentro das tormentas eléctricas nun Escintileo de Raios Gamma Terrestre ou DRGT, por as súas siglas en español ou Terrestrial Gamma-ray Flash o TGF, (en inglés). Estímase que diaramente prodúcense ao redor de 500 TGF en todo o mundo, pero a maioría deles non son detectados. Estes sinais son a primeira evidencia directa de que as tormentas eléctricas poden crear feixes de partículas de antimateria", dixo Michael Briggs, onde se presentou este descubrimento o pasado luns nunha conferencia que levou a cabo durante a reunión da Sociedade Astronómica Estadounidense, en Seattle.

O telescopio Fermi está deseñado para monitorizar os raios gamma, que constitúen a forma máis enerxética de luz. Cando a antimateria que golpea a este telescopio choca cunha partícula de materia normal, ambas as partículas son inmediatamente aniquiladas e transformadas en raios gamma. O GBM (Gamma-ray Burst Monitor / Monitor de Destellos de Rayos Gamma) detectou raios gamma con enerxías de 511.000 electrónvoltios, o cal indica que un electrón atopou o seu contraparte de antimateria, un positrón.

Os científicos sospeitaron durante moito tempo que os TGF son producidos polos intensos campos eléctricos nas proximidades da parte superior das tormentas eléctricas. Se as condicións son as adecuadas, din, o campo vólvese o suficientemente forte como para producir unha avalancha ascendente de electróns. Estes electróns de alta enerxía, que alcanzan velocidades próximas á da luz, despiden raios gamma cando son desviados polas moléculas de aire. Usualmente, estes raios gamma son detectados como un TGF.

Os resultados proporcionados polo telescopio Fermi lévannos un paso máis preto no camiño para entender como é que funcionan os TGF Aúnque aínda falta descifrar que é o que fai especial a estas tormentas eléctricas e ao papel específico que xogan os relámpagos no proceso.

feito por Antia Arias Garcia 1ºB

No hay comentarios: