domingo, 23 de enero de 2011

Un ovo aclara o sexo dos pterosaurios




Un día do Xurásico medio, un pterosaurio (bautizado como señora T) rompeu o á esquerda caeu nun lago do nordés de China, onde morreu. O seu corpo quedou depositado no fondo, uns 160 millóns de anos despois foi descuberto e os investigadores non dubidan de que o fósil atopado era unha femia xa que contén un ovo que o animal nunca puxo. Polo desenvolvemento do ovo sábese que esta femia ía polo en cuestión de horas.



O fósil fascinaría ao pai da teoría da evolución, xa que permite identificar machos e femias. Mostra que as femias Darwinopterus tiñan as cadeiras máis anchas que os machos, para facilitar a posta de ovos. A pterosauria, non loce a típica crista que aparece noutros fósiles.





O atributo levábano só os machos para apabullar aos seus rivais ou encandear as femias . A crista servirá agora para distinguir machos de femias en moitas das 140 especies de pterosaurios coñecidas. A crista podería ter usos diferentes segundo a especie. O achado descarta que as cristas axudasen ao voo, aínda pode ser que axudasen a regular a calor.

O fósil da señora T tamén demostra que a sexualidade ptserosauria era de réptil e non de ave. Os seus ovos non tiñan casca dura e estaban moito menos desenvolvidos no momento da posta. Enterrábanos e despois gañaban ata o dobre ou o triplo do seu tamaño antes de que nacese a cría. Ese tipo de reprodución esixía menos esforzo que nos dinosauros, dos que as aves herdaron os seus ovos con casca dura. O que tal vez nunca se saiba é que lle partiu o á, puido ser a erupción dun volcán, pois o fósil conserva cinza.



Para máis información:




Feito por Yurema Seara Núñez 1ºB

No hay comentarios: