Camiñando con cavernícolas é unha serie de documentais que nos leva a unha viaxe á Prehistoria para recrear as orixes do ser humano e a súa evolución. Neste post déixovos o primeiro capitulo, Primeiros devanceiros: Fai 3,5 millóns de anos, ao leste de África, o Australopithecus afarensis deu os seus primeiros pasos sobre as súas dúas pernas. O bipedismo ofrece aos afarensis a oportunidade de desenvolver toda unha serie de novas habilidades que cambiarán para sempre a súa forma de vida.
Antes de comenzar esta serie déixovos un enlace moi interesante a evolución dos homínidos:
Lucy é o esqueleto dun homínido pertencente á especie Australopithecus afarensis, de 3,2 millóns de anos de antigüidade, descuberto en 1974 a 150 km de Adís Abeba, Etiopía. Trátase do esqueleto dunha femia de ao redor de 1 metro de altura e de aproximadamente 27 kg de peso, duns 20 anos de idade e que ao parecer tivo fillos, aínda que non se sabe cantos. O nome Lucy provén da canción Lucy in the sky with diamonds do conxunto musical The Beatles, que escoitaban os membros do grupo investigador a noite posterior ao achado.
Editado por Carmen Cid Manzano
No hay comentarios:
Publicar un comentario