miércoles, 19 de enero de 2011

Descubrimento do maior forno planetario

WASP-33 é un dos planetas máis quentes que se detectaron ata o momento, a súa temperatura é de aproximadamente 3.200 ºC. Atópase a 380 anos luz da Terra, é un exoplaneta gaseoso que ten máis de catro veces a masa de Xúpiter, orbita unha estrela algo maior que o Sol, pero cunha peculiaridade que non ten a nosa, e é que aumenta e diminue de tamaño cada hora como se da chama dunha vela se tratase.
Enrique Herrero (investigador do instituto de Ciencias do Espazo) cre que o propio planeta pode ser o culpable do cambio de tamaño da estrela. O propio investigador compara o fenómeno coas mareas nos océanos da Terra que provoca a Lúa.
O Observatorio Astronómico do Montsec (en Lleida) observou que un punto negro de WASP-33 cruzaba por diante do astro e confirmaron deste exoplaneta que xira en sentido contrario (retrógado).
Debido o seu achegamento á estrela, o planeta da unha volta completa cada 29 horas.
Reconstrución do planeta ao redor da estrela

Editado por Lidia Blanco Otero 1º Bac. A

No hay comentarios: