miércoles, 19 de enero de 2011

Un test xenético detecta as posibilidades de desenvolver cancro de pulmón

A nova lei do tabaco está facendo que algúns consumidores pensen en deixar esta adicción, que ten numerosas consecuencias negativas para a saúde.



Ademais, onte anunciouse un test xenético que permite ás persoas fumadoras, que se sometan a esta proba, coñecer cal é o seu nivel de risco de desenvolver un cancro de pulmón, co obxectivo de que sentan empuxadas a tomar a decisión definitiva de deixar este hábito.



Que é un test xenético? consiste na análise do material xenético ou de certos metabolitos dunha peraoa, co fin de detectar xenotipos, ou mutacións relacionados con enfermidades herdables con obxectivos clínicos; é dicir, os resultados deste test pode axudar a determinar as posibilidades que ten unha persoa de desenvolver, neste caso, un cancro de pulmón chamado do fumador.
Editado Carmen Cid Manzano

No hay comentarios: