miércoles, 2 de febrero de 2011

Morris Goodman

Aínda que a noticia é un pouco atrasada, de novembro, o personaxe merece o noso recoñecemento. Falamos do antropólogo molecular Morris Goodman que faleceu o 14 de novembro en Detroit (EEUU).
Pese os seus 86 anos permanecía moi activo centíficamente.
No ano 1962, celebrouse unha reunión científica organizada pola Fundación Wenner Gren sobre evolución e clasificación humana que resultou, co paso do tempo, histórica. Tres traballos de investigación independentes demostraban o gran parentesco evolutivo entre os chimpancés, os gorilas e a especie humana. Un estudio amosaba cromosomas, outro hemoglobinas e o de Morris Goodman, proteínas do sangue.
O máximo especialista que houbo nunca en primates, o suizo Adolph H. Schultz, estaba presente na reunión e negouse a aceptar as revolucionarias propostas de Goodman e dos outros. A anatomía clásica sostén que na evolución o home queda a un lado e todos os grandes simios ó outro lado. E dicir, pensábase que os grandes simios (chimpancés, gorilas e orangutáns) formaban un grupo evolutivo propio (o dos póngidos) e que os humanos pertencíamos ó outro o dos homínidos, (parte superior da última imaxe). Pero as novas achegas moleculares que se presentaron na reunión do ano 1962 indicaban que, polo contrario, nós pertencemos ó grupo dos grandes simios africanos, somos simios africanos. Noutras palabras, os humanos estamos máis emparentados cos chimpancés e gorilas do que o están estes cos orangutáns asiáticos.(Parte inferior da última imaxe)

Nin se atreveu Darwin
Nin sequera Charles Darwin atreverase a tanto, aínda que deixou escrito que o noso orixe estaba en África e que os monos máis parecidos a nós eran os chimpancés e os gorilas, á hora de clasifical,os prefería colocalos aparte.



Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A

No hay comentarios: