miércoles, 2 de febrero de 2011

UK Biobank: o maior banco biolóxico do mundo

Imaxinades 10 millóns de mostras de sangue,orina e saliva de medio millón de persoas contido en conxeladores? Pode que sone un pouco repulsivo, pero un polígono industrial preto de Manchester (Reino Unido) acolle tal cantidade de mostras. Trátase de UK Biobank , o maior banco biolóxico do mundo dada a calidade e cantidade de datos biolóxicos que posúe, aínda que China empeza a retalo. Esta importantísima información está preparada para ser usada pola comunidade científica internacional.




No seo desta industria un robot é mandado por un ordenador a exportar ata 8.500 mostras por hora, mostras que foron obtidas grazas á participación de medio millón de persoas de Gran Bretaña dispostos a facer cuestionarios, probas físicas e extraccións, todos dunha idade comprendida entre os 40 e 69 anos.

Tim Peakman, director deste banco biolóxico, acláranos o porqué desta franxa de idades: "É o tramo no que se manifestan con máis frecuencia as enfermidades e así pódense facer mellores estudos estatísticos de doencias complexas. Se comparamos 5.000 casos de persoas con afección con outros 5.000 sen ela, teriamos unha idea de qué variación teñen". Conclusión? Canto maior volume de base de datos, maior facilidade para comparar.

O biobanco será empregado por calquera investigador que teña fins de "beneficio público"

É a única condición á que someten ós investigadores, obviando que sexan marcas comerciais ou institucións públicas, e todo comezou no ano 2000 cunha convención de académicos seguros de que xa contaban co material tecnolóxico preciso e os estudos e coñecementos relevantes para traballar nas enfermidades sen resolver. No 2004 deron o segundo gran paso: propoñer o UK Biobank a posibles financiadores, e a Wellcome Trust, da farmacéutica semellante, financiou o proxecto xunto con outras entidades.

"O biobanco non é representativo da poboación mundial nin da de Europa, non garda as proporcións de razas, idades, sexos ou minorías étnicas; a base de datos é xeneralizadora, é dicir, establece qué teñen de particular, por exemplo, as persoas que fuman 20 cigarillos diarios ó marxe de sexo ou raza", exclarece Peakman.

Estudos da saúde

No interior das esterilizadas e brancas dependencias do biobanco aínda existen certas máquinas por estrenar, traballo que realizarán 14 persoas de Manchester, 4 de Oxford e 1 de Londres xunto con outras ata facer unha plantilla de entre 20 e 25. Para este proxecto cumpriron 78 millóns de euros no arranque, pero o interesante é que actualmente revalorízase nuns 2,4 millóns ao ano: "Traballamos ca mellor tecnoloxía para abastecer os datos que nos piden e precisamos conectar cos médicos para monitorizar a saúde dos voluntarios rexistrados", comenta o director.
Os investigadores poden solicitar calquer exemplo de datos pero declináronse por dividir estas solicitudes en dous grupos para administralas óptimamente: Un grupo para peticións de carga de insulina, colesterol ou diestas de persoas con alto índice de masa muscular ou xa dentro da categoría de obsidade; e outro grupo para os estudos de enfermidades como a diabetes, os cancros, os desordes psiquiátricos e os trastornos cardíacos, xenéticos ou dexenerativos.

Chegará un día (estimado en 30 anos) no que se esgoten as mostras e a vida activa do biobanco, para o que respalda Peakman: "Iso quererá dicir que haberá xerado resultados que serán a base de datos doutras bases".

Para máis información, visita esta páxina
Texto editado por Andrea Fernández Novoa 1ºBach B

No hay comentarios: