miércoles, 2 de febrero de 2011

A apoptose como técnica de tratamento do cancro

A apoptose, unha das últimas técnicas para comabater o cancro, comenzada a aplicar formalmente nas clínicas a partir de 2002, cando 3 científicos ingleses e estadounidenses recibiron o Nobel polo descubrimento de ditas técnicas. A apoptose é a morte celular programada, utilizada para eliminar células cancerosas. Este sistema ten unha gran efectividade nas primeiras fases da enfermidade, nas cales trátase de provocar danos no ADN nas células anormales, ben sexa por métodos físicos (radioterapia) , químicos (quimioterapia) ou biolóxicos.
Ao provocar dano no ADN estimúlase a producción da proteína p53, que normalmente encóntrase en niveis moi baixos, e que actívase co obxectivo de reparar as citoestructuras e xenes danadas ou modificadas. Cando o dano provocado é irreparable, a p53:
-Provoca a rotura da membrana dos lisosomas e estes dixieren todo o material citoplasmático.
-A cromatina condénsase, a membrana nuclear rómpese en anacos e o ADN recolócase formando pequenos paquetes apoptósicos, formados por fragmentos de ADN e citoplasma.
O problema ven cando xen que codifica á proteína p53 sufre mutacións, como ocorre en moitos casos de cancro. Cando as células non poden provocar a súa morte comeza a expansión do cancro.
Actualmente encóntrase en desenvolvemento varios fármacos que, introdúcense nas células coma compostos normais e, en procesos metabólicos das células, producen ácidos mortais para elas mesmas. Planean usarse contra células cancerosas.
Ademais, aconséllase tomar unha dieta rica en froitas e verduras en pacientes enfermos, xa que algúns destes alimentos parece provocar a apoptose en células cancerosas.


No hay comentarios: