domingo, 27 de febrero de 2011

Nova especie de dinosaurio de poderosas patas

O Brontomerus mcintonshi é unha nova especie de dinosaurio descuberta en Utah (EEUU). As súas poderosas extremidades servíanlle para dar fortes patadas ós seus inimigos e para desprazarse por zonas rochosas nas que viviu fai 110 millóns de anos, durante o Cretácico inferior. Os saurópodos eran xigantes dinosaurios de catro patas e de longo pescozo e cola. O óso da cadeira era inusualmente grande en comparación co de outros dinosaurios similares; a forma deste óso indica que probablemente este animal tiña os músculos das patas máis potentes que calquera outro membro da familia dos saurópodos, e empregaba esta enorme forza como arma nas pelexas e para protexer ás súas crías, dando patadas.
O exemplar adulto do Brontomerus mcintonshi medía uns 14 metros de lonxitude e pesaba ó redor de 6 toneladas. O pequeno en cambio debía pesar sobre un 200 quilogramos e medía catro metros e medio. Os paleontólogos crían e especulan a posibilidade de que se trate dunha nai ca súa cría.



Lucía Rodríguez 1ºBacharelato B

No hay comentarios: