domingo, 27 de febrero de 2011

Os monos xa xogan aos videoxogos!!!

Parece mentira pero é verdade. Agora os monos difrutan cos videoxogos ou máis ben coa recompensa que obteñen se o fan ben.
Todo isto forma parte dunha investigación onde se descubriu que estes animais teñen dúbidas ante unha decisión complicada e o que é o máis sorprendente: Son perfectamente conscientes de ter estes pensamentos!!!!

Na clase de filósofía tivemos varias discusións sobre se os animais tiñan a capacidade da metacognición e sempre chegamos a conclusión de que eso non era posible. Claro que agora todo isto cambia ao ler este artículo do xornal El Mundo.
Os expertos en Psicoloxía John David Smith e Michael Bern situaron aos macacos frente a unha palanca e deronlles un mando con forma de palanca para que desplazaran un punteiro polo monitor no cal aparecían manchas de cor vermella con distintas densidades. Denpendendo delas os animais desplazaban o punteIro cara un lado ou cara outro. Se o facía ben, recibían un premio en forma de comida; se o facía mal a pantalla púñase en negro durante uns instantes, facendo "enfadar" así aos impacientes monos que querían xogar, ou recibir a súa recompensa, segundo se mire.
Pero aínda que non o creades esto non foi o máis incrible. Os monos tiñan a opción de darlle a unha interrogación se non sabían a resposta e pasar a seguinte pregunta sen responder, o sorprendente foi que eles recorreron a ela ao igual que fixeron varos humanos que participaron támen no experimento. Os investigadores cren que aínda que os animais non poideron expresalo con palabras o seu comportamento debeuse a que optaban obviar a resposta para non equivocarse, no momento no que tiñan dúbidas. Segundo isto, estes monos saberían identificar os seus propios pensamentos e actuar en consecuencia, algo que ata agora se cría totalmente imposible.
E agora eu me pregunto, que será o proximo? Máis animais con capacidade para decidir ? Ou tal vez outra especie como o ser humano ?
Aínda é cedo para contestar a estas preguntas, pero por canto tempo ?




Coral Real Llamas 1º Bacharelato B

No hay comentarios: