domingo, 6 de febrero de 2011

Un crustáceo con 10 000 xenes máis que o ser humano

A pulga de auga Daphnia pulex é un pequeno crustáceo que foi usado durante décadas para analizar as variacións ambientais nos ecosistemas. Recentemente a revista Science publica un estudo onde a pulga de auga convertese no primeiro crustáceo co xenoma descifrado. Segundo este estudo contén máis de 30.000 xenes, revelándose como o animal con maior número de xenes de cantos se coñecen por agora.
Por que este animal é tan descoñecido para o público non investigador?
Esta resposta non é doada de contestar, pero o certo é que a súa popularidade está lonxe da alcanzada por outros modelos de animais como é o caso da Drosophila melanogaster. Unha posible resposta quizais, sería que malia ser unha especie cobaia desde hai varias décadas, os traballos para estudar o seu xenoma comezaron no século XXI.




Por ese motivo, os autores do traballo, liderados polo investigador do Centro de Xenómica e Bioinformática da Universidad de Indiana (EEUU) John Colbourne, quedaron abraiados ao comprobar moitas das características do xenoma deste animal, entre elas que a expresión dos seus xenes exclusivos eran máis sensibles aos retos ambientais de cantos se analizaran ata a data.

O descubrimento permitirá aos científicos o uso deste animal como modelo para coñecer en mayor profundidade a resposta dos xenes ás variacións das condicions ambientais dentro dun contexto evolutivo.
Máis imformación:


Tatiana Nespereira Campuzano 1ºB

No hay comentarios: