domingo, 6 de febrero de 2011

Bebés á carta

Esta noticia é do 2009 pero poñoa porque resulta interesante agora que estamos dando o tema da biotecnoloxía.
Unha clínica de fertilidade en Estados Unidos permítelle os seus clientes escoller rasgos do seu bebé como a cor dos ollos.
O procedemento e similar a outros e baséase na técnica coñecida como "diagnóstico xenético preimplantacional" utilizado para previr enfermidades nos bebés. Esta técnica tamén permite atopar qué embrións desenvolverán rasgos xenéticos e poder escoller que características pode ter o bebé.
L.A. Fertility, tiña a disposición dos seus clientes a cpacidade de seleccionar o sexo dos seus fillos, pero non garantizaba ter un 100% de posibilidades das cararcterísticas perfectas.
Así, agora, os pais poderán escoller ademais ter un bebé con ollos azuis e pelo rubio porque lle gusta máis así.
Pero, é ético modificar o xenoma humano ou xogar coas leis da herdanza? Só así poderiamos aceptar os bebés perfectos e os outros que teñen algún tipo de problema non serían aceptados na nosa sociedade?

Para máis información


Feito por: Manuel Lorenzo Tallón 1ºC BACH

No hay comentarios: