domingo, 6 de febrero de 2011

Visión desde os ceos do noso planeta

O documentalista francés e militante medioambiental, Yann Arthus Bertrand, era director dunha reserva natural francesa antes de que con trinta anos abandoase a súa terra e fuxir coa súa muller a Kenia a traballar como biólogo investigador, onde se converteu en fotógrafo naturalista e piloto de globo aeroestático. Atopou a súa vocación primeiro retratando leóns e tribus Massai e finalmente captando a Terra desde o ceo. Desde 2009 é embaixador honorífico do Programa Medioambiental da ONU (UNEP). E ademais de todo o anterior cabe salientar tamén a súa axencia de fotografía aérea Altitude e a súa fundación Good Planet. O pasado 4 de febreiro en Nova York presentou o seu gran documental Home (fogar), celebración visual de espectaculares secuencias aéreas panorámicas, para mostrarnos tanto a beleza do noso planeta como a desvastadora visión sobre o quentamento global. Este documental, xa estreado no 2009, podedes velo na internet en castelán narrado pola atriz Salma Hayek na seguinte dirección: http://www.youtube.com/watch?v=SWRHxh6XepM
No xoral El mundo.es atoparedes unha entrevista recente a Bertrand, pincha aquí
Páxina da película con indicacións para educadores: http://www.homethemovie.org/

Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB

No hay comentarios: