martes, 12 de abril de 2011

Elizabeth Taylor era mutante

Roxanne Palmer, xoven periodista neoiorquina de ciencia, en busca de emprego, publicou o seu primer artículo no blog do diario The Washington Post, co nome de “Elizabeth Taylor era mutante” recibindo casi un millón de entradas.
A orixe da historia remóntase á enésima biografía da actriz que publicou o haxiógrafo J. Randy Taraborrelli. No seu libro, Elizabeth, narra cómo un médico comentáballe aos pais da Taylor que a súa nena tiña "mutación", dobre fila de pestañas nos seus ollos.


Según escribiu Taraborrelli: "No seu primer día de rodaxe, sacárona do plató para quitarlle o maquillaxe dos ollos e trás frotar descubriron que non levaba”.


Coa morte da actriz, Palmer recuperou o libro e preocupouse indagar esta mutación, comprobando a súa existencia, denominada distiquiasis, asociada frecuentemente a unha enfermidade chamada linfedema, que pode provocar inflamación das extremidades e problemas do sistema circulatorio. Esta mutación estaba localizada no cromosoma 16, nun xen chamado FOXC2, e transmítese de forma autosómica dominante; é dicir que herdan nun 50% de probabilidade aqueles fillos cuxos pais esten afectados. O curioso eraque ningún dos proxenitores da actriz mostraba dito alelo, isto quería dicir entón que a mutación brotou no xenoma de Elizabeth. Nestos casos é frecuente sufrir un crecemento anormal das pestañas cara dentro, cousa que non lle ocorreu a atriz, para ela foi unha mellora cosmética que realzaba a maxia da súa mirada.

¿Era a de Taylor unha mutación beneficiosa?

Os defensores do Diseño Intelixente, a nova versión do creacionismo, alegan que tal cousa no pode existir porque o plan orixinal é inmellorable.

Moitos científicos pensan que a maioría das mutacións son neutras, pero en calquera caso o seu efecto dependerá do entorno. As nosas diferencias debense a que somos xenéticamente únicos, e ademais das variantes que herdamos, cada persona nace con entre 100 e 200 novas mutacións, segundo estimaba un estudo británico "Todos somos mutantes", Liz Taylor só tuvo sorte, que lle proporcionou unha mirada irrepetible que a fixo máis apta para sobrevivir no ecosistema do cine.

Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A

    3 comentarios:

    Paz María Caballero Barreiro (Master para o Profesorado de Secundaria) dijo...

    Ola Iván!

    A verdade é que me sorprendiches con esta nova. Sabía que a mirada de Liz Taylor era irrepetible, mais non desa axuda extra que levaba con ela.

    Hai outros famosos con mutacións curiosas, coma por exemplo ter un ollo de cada cor... e non, non estou pensando en David Bowie. Hai tempo que lera esta noticia na que explican os famosos que teñen ollos de cada cor e por que Bowie non entra exactamente nesta categoría:

    http://listas.20minutos.es/lista/famosos-con-un-ojo-de-cada-color-160474/

    Saúdos!

    Paz María Caballero Barreiro (Master para o Profesorado de Secundaria) dijo...

    A esa rareza se lle chama Heterocromía Iridium e pode ser conxénita ou adquirida.

    No primeiro caso, aparece dende o nacemento; pode ter diversas causas: hereditaria, aparecer por unha alteración na expresión dos xenes involucrados na cor dos ollos ou mesmo estar asociada a unha enfermidade conxénita estrana (como a Síndrome de Claude-Bernard-Horne ou a Síndrome de Warrdenburg).

    Se a heterocromía é adquirida, pode aparecer como resultado dun golpe forte no ollo, un melanoma, un colirio ou debido a algunha outra enfermidade.

    O exemplo máis famoso de heterocromía adquirida é o cantante David Bowie. Bowie naceu con ambos ollos azuis, pero nunha pelexa no patio do colexio, un alumno clavoulle un compás no ollo. Se trata por tanto dunha heterocromía por depósito de ferro secundaria a un traumatismo. A actriz Elena Anaya ten tamén un ollo de cada cor, no seu caso por unha heterocromía conxénita.

    Iván Gallego Gómez dijo...

    Moitas grazas polo interese amosado na noticia e fantástico todos os rasgos xenéticos que poden facer resaltar o noso fisico e facernos mais peculiares.
    Pareceme interesante o de David Bowie e tamen igual que fixen con Taylor dedicareille unha entrada
    MOITISIMAS GRAZAS