jueves, 28 de abril de 2011

Lógrase o maior núcleo de antimateria.




Unha vez máis os investigadores do os Físicos do Laboratorio Nacional de Brookhaven atoparon antimateria, xa que, fai un ano atoparan por primeira vez un raro núcleo atómico. Este non estaba composto por materia ordinaria senón de antimateria, ademais dun atípicos quarks.

Esta vez o que se atopou foi antihelio4. O helio4 ordinario que está formado por dous protóns e dous neutróns, e estes a súa vez por quarks, polo que actuando como en se un espello se tratase o antihelio4 atopado está formado por dous antiprotóns e outro par de antineutróns. En máis de mil millóns de colisións que se fixeron durante o experimento producíronse máis de billóns de partículas novas das cales 18 eran núcleos de antihelio4. Os maiores núcleos de antimateria atopados ata o momento.

O ritmo ó que estas partículas se xeraban dentro do colisionador de Brookhaven suxire que en pouco tempo poderíanse obter aínda maiores núcleos de antimateria.

Segundo as teorías actuais por unha partícula de materia que hai no universo debería haber outra de antimateria, igual masa pero de carga oposta. O problema que ten é que cando a un átomo materia choca con outro de antimateria, este aniquilaríase totalmente. E se teoricamente nun principio na explosión don Big Bang había a mesma cantidade de materia e de antimateria, aínda que non deberon de aniquilarse na súa totalidade xa que se non a vida non estaría formada de materia ordinaria.

O próximo que se intenta de atopar é núcleos de antimateria aínda maiores o que faría pensar que podería explicar a existencia de dunha gran cantidade de antimateria que poderían formar parte do noso propio universo, habendo incluso estrelas o galaxias enteiras formadas por antimateria.


Máis información.


No hay comentarios: