jueves, 28 de abril de 2011

O ruido ensordecedor dun Madrid-Barça

Un clásico de fútbol como o Real Madrid-Barça que se xugou onte no estadio Santiago Bernabeu pode xenerar ata 140 decibelios de "ruido", máis de dous veces o nivel considerado de risco pola Organización Mundial da Saude.

Así o asegura Gaes unha empresa española de centros auditivos que elaboraron un estudo sobre os ruidos que máis molestan os españois.

Só unha aficionada do Barça gritando "gol" alcanzou os 117 dB no sonómetro empregado para demostrar os voluntarios interesados os niveis auditivos que se rexistran nas cidades, os maiores centros xeneradores de ruido.


Un país ruidoso
España é o segundo país mundial máis ruidoso detrás de Xapón, e dentro das fronteiras españolas é a Comunidade de Madrid a que máis ruido xenera.

Galicia e o País Vasco son as menos ruidosas, según o informe que deu a coñecer con motivo da celebración hoxe do Día Internacional contra o Ruido.


Efectos da contaminación acústica
As consecuencias de vivir nun lugar que supere as barreiras de ruido que recomenda a OMS pode derivar nun amplio rango de efectos sobre a saude, entre os que se incluen disturbios do soño, efectos cardiovasculares e pérdida progresiva da audición.

O ruido elevado pode influir negativamente no desempeño profesional e académico, según resaltan os informes dese organismo das Nacions Unidas, que tamén alerta sobre os efectos do ruido no desarrollo cognitivo dos nenos.

Debemos pensar que as veces cas nosas celebracións causamos danos no medio ambiente,tan sinxelo como unha contaminación acústica.

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/27/ciencia/1303925777.html


Noelia Vila Seijas 1ºC

No hay comentarios: