sábado, 2 de abril de 2011

"O pulmón da Terra sécase"


Un estudo da NASA revelou unha redución xeneralizada no verdor dos bosques da conca do Amazonas en América do Sur, causada pola seca récord de 2010. "Falamos dunha superficie de máis de tres veces e media o tamaño de Texas" afirma Liang Xu, autor principal do estudo da Universidade de Boston.
Os científicos están preocupados porque con temperaturas máis cálidas e alteración dos patróns de chuvia, a tensión da humidade resultante podería causar que parte dos bosques fosen substituídos por pasteiros ou sabanas leñosas, liberando á atmosfera o carbono acumulado na madeira e acelerar o quentamento global.
O (IPCC) advertiu de que secas similares poderían ser máis frecuentes na rexión amazónica no futuro. Os mapas mostran que a seca de 2010 reduciu o verdor en aproximadamente 1,5 millóns de quilómetros cadrados de vexetación na Amazonía, máis de catro veces a área afectada pola última seca severa en 2005.
A gravidade da seca de 2010 observouse tamén, nos rexistros dos niveis de auga nos ríos na conca do Amazonas. Os niveis de auga comezaron a caer en agosto de 2010, alcanzando niveis sen precedentes a fins de outubro.
"O ano pasado foi o ano máis seco sobre a base de 109 anos de datos no Amazonas, á altura do porto de Manaos ", dixo Marcos Costa, coautor da Universidade Federal de Viçosa, Brasil.



Feito por María Isabel Limia Pérez
Fontes

No hay comentarios: