sábado, 4 de junio de 2011

Cura contra o cancro


Investigadores da Universidade de Alberta lograron curar o cancro utilizando un medicamento chamado "dicloroacetato", con todo, como esta sustancia non require patente e é barata a comparación cos medicamentos usados para combater o cancro polas grandes farmacéuticas está investigación non recibiu moito apoio nin está a facer eco nos medios, bloqueada quizas polas mesmas farmacéuticas, as cales durante os últimos anos dedicáronse ao estudo de medios que cronifican a enfermidade alargando o tempo de tratamento do paciente con fins económicos.

Os científicos canadenses probaron o dicloroacetato en células humanas (en probetas) e notaron que mata as células de cancro nos pulmóns, no cerebro e no peito, deixando soamente as células sas.


O dicloroacetato detona unha acción na mitocondria para que esta acabe de forma natural co cancro nas células (tradicionalmente enfócase na glucólisis para combatelo).

A pesar de todo isto, os investigadores están preocupados ante a pasividade das industrias farmacéuticas fronte ao seu descubrimento, e o problema que isto supón de face ao financiamento de probas clínicas e a súa posterior comercialización.

Acontinuacion deixovos unha entrevista que lle fixero ao premio nobel

de Medicina Richard J. Roberts



POR : Antía Arias García 1ºB

1 comentario:

Brais Gómez García dijo...

Si é certo que as farmacéuticas non lle dan apoio a este GRAN descubrimento, paréceme un pouco patético por que eu creo que ante o diñeiro teñen que estar os seres humanos e a nosa saúde, tamén sabendo a cantidade de xente que morreu por culpa dun cancro. A verdade e que me agrada moito oír que hai unha cura contra o cancro, pero disgústame e decepcióname moito isto que comenta a noticia.