viernes, 7 de octubre de 2011

Unha nave europea acercarase ao máximo ao Sol

A Axencia Espacial Europea (ESA) realizará unha misión para investigar a materia oscura en 2019 e outra dedicada ao Sol no 2017 que terá final no 2028


Según explicou a axencia, 'Solar Orbiter' acercarase ao Sol máis ca nunca. O lanzamento será desde Cabo Cañaveral cun foguete Atlas (empregado para o envío de satélites e sondas espaciais) da NASA. A súa función será colaborar na comprensión de cómo o astro rei repercute na Terra, e tamén precisar cómo se xenera e expulsa o vento solar (corrente de partículas e gases cargados con enerxía que flúen desde o Sol a velocidades de centos de km/s). A outra misión denominada 'Euclid' está diseñada para explorar a parte escura do Universo. Trátase dun telescopio espacial que axudará a investigar a natureza da misteriosa enerxía escura observándoa con moita precisión e detectando obxectos con 10.000 millóns de anos luz de distancia. Esto permitirá estudar a expansión e a formación de estructuras do Universo durante as últimas tres cuartas partes da súa historia.



Fontes:


http://www.abc.es/20111005/ciencia/abci-nave-europea-acercara-maximo-201110051025.html

Cecilia Moretón Rodríguez, 1º BACHARELATO - D


2 comentarios:

IES Otero Pedrayo (Ourense) dijo...

Cecilia, de que materiais estarán feitas esas naves para que cando cheguen preto do Sol non se fundan?
Carmen

Mª Isabel Limia Pérez (IES Otero Pedrayo, Ourense) dijo...

E porque se supón que acercarase tanto axudará a obter esa información se como citas na propia entrada temos telescopios que nos permiten observar corpos a 10000 (visita o blog dousferrados para saber como é a correcta escritura matemática) millóns anos luz???
E eu tiña entendido que a Stephen Hockins non lle deron o Nobel porque aínda non se descubrira a materia escura,pero na túa noticia parece que sí, enton... en que estou errada? Isabel