miércoles, 30 de noviembre de 2011

Supervivencia noutros planetas

Uns 4000 gusanos foron enviados a Estación Espacial Internacional (ISS) mediante o tansbordador Discovery. E agora, un grupo de científicos de Gran Bretaña puido comprobar que os Caenorhabditis elegans(o nome que reciben estes gusanos) poden procrearse e medrar no espazo aínda estando en condicións de microgravedade.

No espazo,os gusanos desenrrolaronse desde que naceron ata a idade adulta, e tiberon descendencia do mesmo xeito que o farían na Terra.
Os experimentos con animais, tamén axudan os científicos a entender os efectos da ingravidade e os altos niveis de radiación.


Este experimento, realizouse porque moitos científicos pensan, que para lograr que nn se extinga a nosa especie será necesario desprazarnos a outros planetas. Así que esto supón un motivo de esperanza se nalgún momento fora necesario abandoar a Terra.



Máis información : http://www.abc.es/20111130/ciencia/abci-miles-gusanos-viven-espacio-201111300942.html


David Fernandez Queija nº11 1ºD

No hay comentarios: