domingo, 4 de diciembre de 2011

Reservas de auga no planeta vermello


A cordillera Phlegra Montes en Marte


A sonda Mars ( situada no planeta Vermello), infórmanos a través da Axencia Espacial Europea (ESA), que poderían existir grandes cantidades de auga baixo a superficie deste inhóspito planeta, xustamente na cordilleira Phlegra Montes.

O feito de que poidamos observar en Marte cadeas montañosas rodeadas de " abanicos lobulares de derrubios " está relacionado coa posible existencia de glaciares na rexión ( segundo ben nos indica o radar que viaxa a bordo da sonda Mars da NASA ).

Os cráteres de impacto dos arredores de Phlegra indícannos que a actividade glaciar é recente.
Segundo explica a ESA e outras teorías, estes glaciares foron orixinados en distinta épocas ao longo dos últimos millóns de anos, cando na rexión de Marte había unhas condicións climáticas diferentes ás actuais.

Despois de todas estas investigacións, diversos indicios aseguran que podería haber auga baixo este planeta da Vía Láctea, e, se así fora, estas reservas servirían de suministro para futuros astronautas exploradores deste astro.

FONTES:

http://www.abc.es/20111202/ciencia/abci-detectan-agua-oculta-marte-201112022131.html

No hay comentarios: